Eduemociona

Contratos programa 2020-2021, programa de educación emocional para todo o alumnado. Desenvolvido na aula virtual do centro, na dirección https://www.edu.xunta.gal/centros/cepsequelomarin/aulavirtual/course/view.php?id=70

L. GALEGAS 2021. TRUQUE MATRUQUE. "UNHA TERRA CHEA DE..."

TRUQUE MATRUQUE (Marcos Acuña) púxolle música aos contos. Ofreceunos hoxe o seu espectáculo "Unha Terra chea de..." en tres sesións, no exterior. Deste xeito rematan as actividades da Semana das Letras Galegas 2021.

Namentras un pobo cante na súa lingua esta permanecerá viva.

Xogos na web El mundo de Milu

Compartimos un novo xogo que amplía os contidos de "Viaxe ao reino das emocións". Podedes consultalo na web do Mundo de Milu (http://mundodemilu.org/gl/36). Nel invitámosvos a entrar novamente no Aloia, e superar cada unha das probas que vos propoñen o sabio, a rá, as toupiñas... 

Outros xogos

- "O reino das emocións" (http://xogo.mundodemilu.org/), de creación de historias cos personaxes do conto.
- "Crea a túa historia con Quirón" (http://xogoquiron.mundodemilu.org), sobre a resolución de conflitos.
- "O xogo do Aloia (http://mundodemilu.org/es/30), un xogo da oca das emocións.

O cofre do tesouro

Esta actividade presentámola contándolle aos nenos/as que temos un cofre cun tesouro dentro, o tesouro máis grande do mundo. Eles poderán velo de un en un pero non poderán dicir ningunha palabra do que ven dentro ata que termine o xogo.

Cando todos miraron o interior do cofre pídeselle aos nenos que digan que obxecto atoparon dentro. Moitos dirán que atoparon "un espello", pero algún deles, despois dalgunha pista previa dirá que o tesouro era el mesmo, que se viu no espello. Todos os demais irán caendo na conta de que eles son o mellor tesouro. 

Podemos rematar comentando a importancia de que somos seres únicos e irrepetibles e iso nos fai ser o máis valioso do mundo.

Traballamos a autoestima en 1º B

A semana pasada traballamos a autoestima na aula de 1º B. Pinchando na imaxe podemos descargar unha presentación multimedia con imaxes do proceso e o resultado obtido.

Ánimo, Sorrí...

SORRÍ

Alegría

 SORRiSOS e FESTAS

Na clase de Relixión aprendimos algo máis sobre a

ALEGRÍA.

Aportamos entre todos algunhas razóns para

buscar a

Alegría  e compartila 

SONRÍE

 SORRÍ

 aínda coa máscara enriba

Durante o confinamento botamos de menos

as festas, os bicos, as apertas, os amigos...

Rodrigo 6º 

 Descubrimos que é máis doado ser feliz se nos rodeamos de xente Alegre 

Bailamos ao ritmo da música

gardando a distancia de seguridade.

 

"Because I’m happy"… Pharrell Williams           Porque son feliz

 

 

 

 

A ALEGRÍA  aumenta cando a compartimos.

 

Comparte Sorrisos

 

Descubrimos que algunhas persoas que coñeceron a Xesús

viaxaron ata o fin da Terra para contaxiar a

ALEGRÍA DE VIVIR XUNTOS EN PAZ

 

Benestar emocional

Os seres humanos, e en xeral o reino animal, somos esencialmente emocións (alegría, tristeza, medo e rabia son as máis básicas). O ser humano desenvolveu evolutivamente outra capa: a razón, os pensamentos, que obteñen a súa enerxía e se sustentan sobre esas emocións. De aí a importancia de aprender a educalas para conseguir unha mente ordenada que nos conduza ao benestar e a unha vida feliz.

Para traballar a educación emocional é moi coñecido o modelo do GROP (Grup de Recerca en Orientació Psicopedagógica) da Universitat de Barcelona, baseado en cinco dimensións:

1. Conciencia emocional: capacidade para tomar conciencia das propias emocións e das emocións dos demais.

2. Regulación emocional: capacidade para manexar as emociónss de forma axeitada.

3. Autonomía emocional: capacidade de sentir, pensar e tomar decisións por un mesmo.

4. Competencia social: capacidade para manter relacións axeitadas con outras persoas.

5. Competencias para a vida e o benestar: capacidade de adoptar comportamentos apropiados e responsables para afrontar satisfactoriamente os desafíos diarios.

A seguir engadimos algúns recursos básicos para afrontar a educación emocional no nivel de educación primaria:

Web do goberno de Aragon, http://carei.es/recursos-de-inteligencia-emocional/, que recompila unha lista de recursos audiovisuais (curtametraxes, películas...) así como outros enlaces, como por exemplo a Guía didáctica para la educación socioemocional elaborada pola Junta de Andalucía.

Enlace ao programa completo de intelixencia emocional da Diputación Foral de Gipuzkoa, dirixido á etapa de educación primaria e organizado en tres niveis: 6 a 8 anos, 8 a 10 anos e 10 a 12 anos, con libros de contidos e fichas de actividades. No blog Aula de Elena, tatopamos un resumo moi completo deste programa.

Programa de Educación Emocional de María Dolores Hurtado Montesinos, editado por Región de Murcia, 2015, dirixido a distintos niveis educativos, con moitas actividades, do que temos un resumo no blog Aula de Elena, e que tamén podemos descargar neste enlace.

Programa Escolar de Desarrollo Emocional (PEDE) elaborado pola Consejería de Educación do Principado de Asturias. Inclúe guía, caderno para traballar na aula, caderno para casa e  actividades para pais e nais. Dirixido a alumnado de 8 a 12 anos.

 

Outro programa específico para 1º e 2º cursos de primaria, con amplo repertorio de actividades é o de Barreda Marín, M. (2016). Programa de Educación Emocional para primer ciclo de primaria. Projecte Final del Postgrau en Educació Emocional i Benestar.Barcelona: Universitat de Barcelona. Dipòsit Digital:http://hdl.handle.net/2445/107401

Club Peques Lectores, Selección de 10 libros infantís para a educación emocional.

Hai infinidade de recursos audiovisuais (videocontos, curtas, etc.,) que se poden seleccionar directamente na web (youtube...).

Finalizamos cunha contribución a nivel teórico, Educación emocional y competencias básicas para la vida, artigo de Rafael Bisquerra, en Revista de Investigación Educativa, 2003, Vol. 21, n.º 1, págs. 7-43.

Distribuir contido

PDI 2024-2025: Galicia polo mundo

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2023-2024

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.