E CHEGOU O MAIO: GUIA PARA ELABORAR COPLAS
Seguindo a estructura que apuntou Clodio González Pérez e as peculiaridades propias dos maios de Marín, fixemos isto para que os nosos alumnos saiban como facer unha copla dos maios. Sabemos que as hai que teñen crítica de todo o que se move, como a area. A nos gustanos máis así; que os tempos son outros?, e que é pura invención? Sempre o foi, cando non
O traballo está enfocado a que teñan exemplos para poder comezar a facer coplas e así o fixeron, que no camiño aprenderon outras moitas de hai 50 anos e algún día as van usar como propias...A fin de contas non é no que basa a música tradicional?
Coma os maios somos parte dun ciclo constante e infinito, onde todos somos rodas de transmisión. Se esa roda se rompe malo. Salvo un par de estrofas foráneas todas son de maios de Marín de entre 1953 e 1980. O tema dos barcos non o tocamos polo de agora
Enviar un comentario novo