Día contra a Violencia de Xénero
O venres 24 de novembro, conmemorouse no noso colexio o Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25 de novembro). Organizado pola Concellería de Benestar Social do Concello e a través do Centro de Información á Muller (CIM), mandaron ao noso centro un contacontos temático, representado polo "Teatro Piollo" sobre a violencia de xénero, coeducación e convivencia. Tamén repartiron unhas pulseiras de sensibilización para o alumnado.
Mohammed, Raquel e Xabi.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
DSCN2024.JPG | 462.92 KB |
Enviar un comentario novo