Responder ó comentario
''El Camino del Lobo''.
Enviado por Miguel o Xov, 18/04/2013 - 19:40Este pasado martes 16 de abril, os rapaces e rapazas de 5º e 6º do colexio foron a Pontevedra ver a obra de teatro: ''El Camino del Lobo'' da 'Compañía del Saco'. 'La Compañía del Saco' naceu no ano 2005, como un proxecto para a recuperación da oralidade e a música tradicional que aínda existía no val do río Ebro e no conxunto do Camiño de Santiago (nun primeiro momento no tramo que pasaba por A Rioxa, pero posteriormente ampliou a súa búsqueda a todas as etapas do ''Camiño francés'' e a outros camiños). Durante estes anos recopilaron centos de historias e melodías, moitas delas de fontes orais e outras de fuentes escritas. Tamén, recuperaron instrumentos tradicionais, atopados na Serra dos Cameros, na Rioxa.
''El camino del lobo'': Tres cómicos ambulantes instalan o seu teatriño nunha vila do Camiño de Santiago e despregan os seus instrumentos, os seus monicreques, os seus bártulos i enseres. Entón, comezan a súa actuación improvisada contando as súas aventuras ao longo do camiño e os contos e cancións que foron recollendo no seu percorrido.