Responder ó comentario
21 DE MARZO: DÍA DA POESÍA. CHEGA A PRIMAVERA
Enviado por josean o Mar, 26/03/2013 - 21:31Nunca un poema nos ensinara tanto. Grazas a este poema de Manuel María traballamos distintas áreas do currículo Coñecemento do Medio, Música, Lingua e Literatura Galega e como non da nosa rica cultura popular. De Coñecemento do Medio aprendimos co cuco é unha ave migratoria que chega aos nosos lares coa primavera, que pón os seus ovos nos niños de paxaros insectivoros máis pequenos para que lle manteñan as súas crias, que moitas veces bota do niño á cría do paxaro; por iso é co nome de CUCO lle vén que nin pintado. Ensinounos que o seu autor era un tal Manuel María nativo dunha das chairas mais importantes de Galicia, a Terra Chá, que localizamos no mapa e que precisamente este poema aparecía nun libro do autor que tiña ese nome. Aprendimo-lo poema coa música que Suso Vaamonde lle deu e indo cantandoo polas clases do primeiro ciclo; cando lle explicamos aos mais pequenos que significaba que O CUCO TE CAPASE a profe Ana que é de Aldán contounos como na cultura popular de Aldán o entendían. Nós xa sabiamos que cando os nosos labregos oían cantar ao cuco coa andorga baleira ian ter mala sorte todo o día, por iso, como moitas veces tiñan que empezar a traballar antes de poder almorzar tiñan a precaución de ter nas súas mesiñas de noite un vaso con auga, para enganar dese xeito ao fado e que o cuco non os CAPASE; pero en Aldán, polo que nos contou a profe Ana, polo visto, cando cantase o cuco tiñas que polo menos levar unhas moediñas nos petos para que non estiveses sen elas para o resto do ano. E xa vedes que dende o eido do Vocabulario engadimos dúas palabras polisémicas ao noso tesouro lingüístico: CAPAR e CUCO