Responder ó comentario
FAITE SOCIO DA ANPA AIDÓN
Enviado por Belen o Mar, 11/07/2023 - 14:30ASÓCIATE! CUBRE O FORMULARIO QUE APARECE MAIS ABAIXO E ESCOLLE AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES PARA O CURSO 2023-2024
SE NON QUERES ASOCIARTE, CUBRE O FORMULARIO PARA ESCOLLER AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES, SIN FACER O PAGO DA COTA.
- - Comedor/ Plan madruga.
- - Actividades Extraescolares.
- - Eventos.
- - Traballamos na mellora dos servicios e instalacións.
- - Participamos no Consello Escolar.
- - Información.
- - En definitiva intentamos mellorar o colexio dos/as nosos /as nenos/as.
- - Descontos nos comercios do concello de Marín colaboradores coa Anpa.
- TOMA DE DECISIÓNS DEMOCRÁTICA: fomentar a participación de tódolos socios na toma de decisións de forma democrática mediante votacións.
- TRANSPARENCIA: impulsar a transparencia coa finalidade de que esteades informados en todo momento de todo o relacionado coa escola, así como das actividades que esteamos levando a cabo.
- COMUNICACIÓN
10 RAZÓNS PARA PERTENCER A UNHA ANPA:
1. Porque é a nosa responsabilidade educar aos nosos fillos e fillas.
2. Pola necesidade de estar unidos á hora de reivindicar aspectos que nos axuden a mellorar a escola pública.
3. Porque un movemento de pais e nais agrupados fan que as iniciativas e peticións destes sexan vistos con maior respecto polas Administracións públicas, polo profesorado, pola sociedade, etc.
4. Porque existe un marco legal onde se ampara o noso dereito a participar na vida do Centro Escolar.
5. Pola importancia de levar aos Consellos Escolares a presenza dos pais e nais, organizados nas ANPAs, para defender os intereses de todos, non os individuais.
6. Porque se os pais non somos capaces de motivarnos pola educación dos nosos fillos... Por quén o faremos?
7. Porque se os pais e as nais non somos activos e participativos, como explicar aos nosos fillos e fillas que teñen que ser persoas implicadas nunha sociedade onde poidan e deban expresarse, participar e ser responsables no seu propio futuro.
8. Porque para realizar a formación activa dos pais e nais é necesario unir esforzos e ideas.
9. Porque as ANPAS deben traballar pola integración no seu entorno, facendo uso das instalacións do Centro Educativo.
10. Porque todos somos necesarios para mellorar a calidade de vida para os nosos fillos e fillas.
- Transferencia á conta bancaria da ANPA en ABANCA (poñendo en Concepto: “Cota ANPA de Nome e apelidos do neno/a, curso e número de teléfono do pai/nai/titor legal”) ES65- 2080-5111-1630- 40- 00- 1830
- Ingreso nesa mesma conta da ANPA dende a sucursal bancaria. Pódese facer tamén a través do caixeiro automático.
-
Enviar o xustificante do pago da cota do curso ao correo da ANPA: anpa.aidon@nontedurmas.org
Agradecemos a súa colaboración.