Responder ó comentario
LINGUA GALEGA (25-05-2020)(3º)
Enviado por Anónimo o Dom, 24/05/2020 - 20:32Bos días!
Nova semana! Cada vez queda menos para voltar á normalidade e que chegue o verán! Verémonos?
Para hoxe propóñovos unha tarefa das moitas que nos quedaron pendentes para facer no cole. Unha delas foi coñecer a vida sorprendente de distintas mulleres galegas que cambiaron o mundo e conseguiron vencer barreiras para dar os primeiros pasos en traballos que só eran para homes. Dúas destas mulleres saen no conto que se titula “Pioneiras” da editorial Xerais, escrito por Anaír Rodríguez e ilustrado por Nuria Díaz. Seguro que moitos de vós xa as coñecedes pero... Coñecémolas máis profundamente?
Unha aperta!
Aaaaaahhhhhhh!! Noraboa polo traballo que fixestes a semana pasada!!! Estades traballando moito!!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
L.G. Pioneiras I.pdf | 4.67 MB |
Pioneiras II R.pdf | 2.98 MB |