Responder ó comentario
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS. Lingua Galega (11-05-2020)(3º)
Enviado por Anónimo o Lun, 11/05/2020 - 08:16Esta é unha semana moi especial, pois é a semana das Letras Galegas que se celebra o día 17 de maio. Este ano adícaselle ao escritor Ricardo Carvalho Calero, así que as actividades xirarán en torno a el!
A proposta para hoxe é coñecer a vida e obra deste escritor para que nunca se esqueza o que fixo nin o que escribiu. Son actividades facilitadas polo seminario Galán sobre o autor homenaxeado e propostas polo Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega de CEP Sequelo. Tedes dúas versións: Unha para imprimir (non é obrigatorio e son moitas páxinas. Podedes utilizar o pdfescape para escribir sobre os documentos pdf) e outra para traballar online. Podedes elixir a que mellor se vos axuste ou facer un pouco de cada unha:
Actividades para o 3º curso de primaria
http://seminariogalan.org/inicio/ver/467
Tamén vos deixo un divertido xogo sobre o autor (Búsqueda do tesouro) onde tendes que ir recollendo unha serie de pistas para resolver o misterio!
https://view.genial.ly/5ea84324637c610dbf867ff2/game-breakout-letras-galegas-2020
Hoxe non é necesario que me enviedes nada por correo nin por teléfono. Vale?
Só quero que viaxedes polo vida e a memoria de Ricardo Carvalho Calero!!!
Un saúdo!!