Responder ó comentario
Primeiro curso traballa con Legos
Enviado por xose o Mar, 12/02/2019 - 21:02O grupo de 1º curso de primaria traballou hoxe cos kits de máquinas simples de Lego, que nos remitiu a Consellería dentro do programa de Robótica.
Este kit permite construír e coñecer o funcionamento básico de máquinas simples como son as engranaxes, as rodas e eixes, as poleas e as pancas.
Formamos na aula 5 equipos. Nomeamos un secretario/a en cada equipo. Logo de repartir os kits puxémonos mans á obra e o secretario/a cumprimentou a folla de observación do modelo construído coa axuda dos compañeiros/as.
Nesta primeira primeira sesión iniciamos a unidade das engranaxes, que son rodas con dentes que xiran e transmiten o movemento dunhas a outras. Sabemos que por exemplo as bicis, os reloxos analóxicos, os motores, etc. teñen engranaxes, e que estas poden ser de diferentes tamaños, con moitos dentes ou poucos dentes.
Para rematar tivemos uns minutos de xogo libre. Todos quedamos encantados coa actividade, pois gústannos moito os Legos, e para a semana repetimos!