Documentos
Programación Xeral Anual Curso 2021/22
Enviado por Anónimo o Xov, 21/10/2021 - 08:44Estimadas familias:
No arquivo adxunto poderán examinar a Programación xeral do colexio para este curso. Na mesma figuran, ademais dos obxectivos que nos plantexamos para este curso e os aspectos da organización do centro, os proxectos e os plans (Abalar, E-DIXGAL, Plan Proxecta, DigiCraft, Plambe, PVAD, Xogade, Plan Director, reparto de leite e froita do FOGGA, Voz Natura, horto escolar, radio escolar, etc.), o proxecto anual do centro "Inventos que cambian o mundo", as actividades planificadas polos equipos da biblioteca, das TIC e do EDLG, as medidas de atención á diversidade organizadas polo DO., as medidas para o fomento da igualdade de xénero, para a mellora da convivencia, para a mellora dos hábitos de vida saudable, as actividades complementarias, as actividades extraescolares organizadas pola ANPA Aidón e, por último, os protocolos vixentes para o COVID-19.
Un cordial saúdo,
Rafael Martínez Martí, director CEP. Sequelo
Resolución do 17 de xuño de 2021 (Instrucións para o curso 2021-2022))
Enviado por xose o Lun, 21/06/2021 - 10:17DOCUMENTOS COVID-19 PARA O CURSO 2021-2022
Enviado por Anónimo o Lun, 07/09/2020 - 14:08Estimadas familias:
Deixamos nos ficheiros adxuntos a información relativa aos protocolos COVID-19 adaptados ao noso centro para a súa información e consulta.
Estes protocolos de actuación poderán variar en función das directrices das Consellerías de Educación e Sanidade, tanto para flexibilizalos como para restrinxilos, en función da evolución da pandemia.
Estén atentos oa servizo de mensaxería Abalar nos vindeiros días.
Lembren que todas as familias deben cumprimentar unha declaración responsable que deberán entregar asinada na escola, na cal se comprometen a realizar diariamente a enquisa de autoavaliación COVID-19 e a NON enviar aos seus fillos ao centro e mantelos en illamento preventivo domiciliario se presentan algúns dos síntomas alí referidos (febre de máis de 37.5º, tose seca, etc).
Por protocolo, as familias non poden acceder ao centro. Se necesitan consultar algo poden chamar á secretaría de 9:00 a 9:55 ou de 13:10 a 14:00 TELÉFONO 886 151 325 ou mandar correo electrónico a cep.sequelo.marin@edu.xunta.gal
Benvidos a este curso. Procuremos coidarnos entre todos.
PROGRAMACIONS DIDÁCTICAS 3º TRIMESTRE ADAPTADAS
Enviado por Anónimo o Lun, 08/06/2020 - 15:30Documentos
Plan Individualizado de atención a alumnado vulnerable no contexto de ensino non presencial
Plan Específico de Reforzo e Recuperación de materias pendentes (1º-2º cursos)