Biblioteca
O Can católico: contos da tradición oral (V)
Enviado por josean o Ven, 19/06/2020 - 19:09Recollido en Marín este conto, a súa estrutura provén dos testamentos dos burros que supuñan antes da chegada de costumes foráneas, como o enterro da Sardiña, o fin do Entroido. Nunha graciosa adaptación moi galega, cóntao Sara Fernández Blanco.
As vodas do ceo: Contos tradicionais galegos (IV)
Enviado por josean o Xov, 18/06/2020 - 22:53Se hai un conto que se poida dicir tradicional, e que está amplamente espallado por toda Europa e este que nos conta Carla e que recolle dunha forma popular o mito de Icaro, aquel que quixo tocar o sol, e acabou esnafrado.
"Fuxe laxe que te esfarelo, que se saio desta, non quero máis vodas do ceo"
A galiña asustada/O inspector: Contos de tradición oral (III)
Enviado por josean o Xov, 18/06/2020 - 22:21Na nosa rica tradición oral vas topar como no resto de Europa fábulas, contos onde os animais falaban, cunha singularidade: maiormente os nosos contos populares comezan co aquel de "Hai moito tempo cando os animais falaban...". O da galiña asustada non é o caso, pero si remata cunha rima exemplificadora, cunha moral aplicable á vida cotiá. No conto de Candela Bermúdez contamos ademais cuns incribles efectos especiais, que lle dan vida ao conto.
O segundo conto que nos manda Martín Barreiro ten que ver moito coa nosa realidade: inspectores, alumnos, mestres, contidos...
O galego, o andaluz e o cabalo branco: contos da tradición oral (II)
Enviado por josean o Xov, 18/06/2020 - 21:42Xa hai algún tempo e grazas a un bo amigo, ademais bo contador de historias, comezamos unha viaxe a traves da forma innata de transmisión oral do galego, a literatura oral. Os nosos pais e avós, sabían moi ben que elementos mesturar nas súas historias para facilitar a transmisión da cultura onde esas historias naceran. Con frecuencia soían, como regra nemotécnica, para facilitar a lembranza do conto, que consistía na inclusión ao final do conto dun pequeno verso ao estilo de moral e que ao final acababa sendo parte do léxico diario da xente do común.
Asi, deste xeito esquecido que quixemos recuperar, era como transmitían e ensinaban os nosos devanceiros; así con contos coma este que nos conta Irene Pazos Estévez.
Guiñol de 5º A: Festival Virtual 2020
Enviado por josean o Xov, 18/06/2020 - 19:39Os nenos de 5º A empeñáronse en, malia a todo, ter un Festival de Fin de Curso, e desta vez son Manuel e Breixo, os que nos narran esta divertida historia dun rei, un mago, unha princesa convertida en rá....e todo a traves de personaxes de Guiñol.
Recompilación de poemas dende a casa
Enviado por Anónimo o Xov, 18/06/2020 - 16:36Princesas no Museo (Stop Motion)
Enviado por josean o Mér, 17/06/2020 - 23:35Tanto é o material que temos gardado en recamara que imos ter que seguir publicando ata ben entrado o verán. Un traballiño que se nos quedou atras do noso taller de Stop Motion. Fallaba no timing pero solucionado, aqui o tedes.
E a cousa inda non acabou.
Entrevista a Algarabía Animación
Enviado por josean o Mér, 17/06/2020 - 23:29Todo este curso, mentres foi normal e especialmente cando se volveu extraño, a xente de Algarabía Animación con sede na Coruña foi un claro referente para o noso traballo co cine e moi especialmente coas curtas en Stop Motion. Estamoslle moi, pero que moi agradecidos pola súa desprendida colaboración connosco, tanto suministrándonos material de traballo en forma de interesantes unidades didácticas como por ser unha constante fonte de inspiración.
Nesta entrevista, á que amablemente se prestaron Virginia e Tomás, aprendimos máis do seu día a día e do traballo que leva elaborar todolos aspectos dunha curtametraxe; na entrevista falan de que unha curta de 10 min lévanlles máis de 6 meses traballando a tope, 6 meses!! E que incluso facendo un traballo máis por riba para youtube cada minuto son 3 dias.
FESTIVAL FIN DE CURSO (5ºA)
Enviado por josean o Mér, 17/06/2020 - 11:49Os alumnos de 5º A coidaron de que malia ser, este un ano "raro", por todo o que nos arrodea, o colexio non podía quedar sen Festival de fin de curso e decidiron montar un de xeito virtual dende as súas casas. Agradéceselle moito a iniciativa que ten un pouco de todo aquilo que nos faí falta na vida: humor, poesía, cancións e ata un toque de maxia.
>
Ladróns Parvos: revista de humor gráfico do CEP Sequelo
Enviado por josean o Mar, 16/06/2020 - 21:59Por fin xa esta aquï!! Xa saíron á rúa esta "Ladróns parvos", a revista de humor gráfico do Cep Sequelo, volvendo ás pesetas.
Para realizar esta revista os nenos de 5º utilizaron unha multitude de ferramentas tanto offline como online. Unhas para corear e escribir os diálogos (Gimp), outras para unicamente escribir (o PdfEscape) e outras, maiormente apps para crear as propias tiras gráficas (ComicStrip) ou propiamente páxinas (MakeComixBeliefs). Con esta morea de ferramentas montamos o número I.
Romancillo de Maio: Poemas dende a casa (34)
Enviado por josean o Mar, 16/06/2020 - 17:28Xa hai un tempo que chegou Maio a nós, e coma nós, celebran a súa chegada en toda a Península Ibérica, cada quen ao seu xeito. O poeta Miguel Hernández coñecía de primeira man a tradición en Castela-A Mancha, pois el traballara de pastor en pleno contacto coa natureza e así neste Romacillo de Mayo retrata o que son os Maios da Mancha.
O fondo musical son os Maios de Albarracín en Teruel
Caminante no hay camino: Poemas dende a casa (33)
Enviado por josean o Mar, 16/06/2020 - 17:16Martín e Irene recrearon este curto e coñecido poema de Antonio Machado que é en si mesmo unha gran lección de vida. O camiño faise andando e o que queda detrás son ronseis que duran o que dura o paso do barco.
Animation Desk
Enviado por josean o Mar, 16/06/2020 - 09:51Animation Desk é unha app que inda dixital funciona dun xeito moi tradicional no mundo da animación, traballando con capas superpostas. Como se usases papel cebola vas poder ver a anterior posición dos teus debuxos e logo cambialos para crear movemento. E si, como moitas outras, na súa versión máis básica é gratuita.
Os rapaces atrevéronse con ela, malia que nos viña recomendada por Luz Beloso, que é mestra de secundaria e a emprega cos seus alumnos, e algo sacaron.
A primavera
Tamén houbo quen como Breixo Sanjorge probou con outra ferramenta como Stick Draw que nas súas palabras: "É un programa de animación no que inclúe: inserir imaxes, facer poligonos perfectos, alta variedade de cores, papel de cebolla, ... Recomendollo ás persoas que estan empezando a facer animacions porque é moi facil traballar nel e é moi facil exportar os traballos."
Por se alguen se anima aquí tedes un titorial da primeira ferramenta de man da propia Luz Beloso.
Manualidades dende a casa: "Recompilación de manualidades dende a casa"
Enviado por Anónimo o Dom, 14/06/2020 - 12:17El Monte y el Rio: Poemas dende a casa (32)
Enviado por josean o Ven, 12/06/2020 - 23:47Xa o traballaramos no cole e só foi preciso que Dani Quintana lembrase este precioso poema de Pablo Neruda. Ven comigo ao reino da poesía. Pablo Neruda invitate a entrar.
Dez: Poemas dende a Casa (31)
Enviado por josean o Mér, 10/06/2020 - 19:08A nova poesía galega, representada neste poema de María Lado, que recitan Roberto Armada e Xoel Sequeiros. O poema que leva por subtítulo (con lualdao) atopase no "Poetízate. Antoloxía da poesía galega (Xerais, 2006)"
Recompilación "Hoxe aplaudimos a..."
Enviado por Anónimo o Mar, 09/06/2020 - 10:28Entrevista a Stephan Dohr
Enviado por josean o Dom, 07/06/2020 - 22:02A petición de Laura Arribas López, contactamos cun dos máis grandes interpretes actuais de trompa, o músico alemán Stephan Dohr, que amablemente, se deixou entrevistar pola nosa alumna, que ademáis toca o mesmo instrumento. Stephan contestou dende Alemania ás catro preguntas que Laura lle fixo.
Contos desde a casa (40): Recompilación de "Contos dende a casa"
Enviado por Anónimo o Mér, 03/06/2020 - 17:42Entramos na recta final deste curso tan raro que tivemos, por iso imos botar unha ollada cara atrás a través de varias recompilacións que fixemos con moitos dos traballos que mandastes ao longo deste tempo de confinamento.
Iniciamos esta serie de recompilacións coa primeira das actividades "Dende a casa" que vos propuxemos "Contos dende a casa". Aquí están reunidos todos os contos que nos enviastes.
A bandeira e o escudo de Galicia
Enviado por Anónimo o Ven, 22/05/2020 - 09:02Ola alumnas e alumnos!
Aquí vos deixamos o resultado final de tódolos traballos sobre a bandeira e o escudo de Galicia, unha das propostas que nos deixou a profesora Inés co gallo de conmemorar o "Día das Letras Galegas".
Queremos agradecer a vosa participación! Unha forte aperta!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- …
- seguinte ›
- última »