Día Internacional contra a violencia de xénero
Contacontos "A trastenda dos contos"
Enviado por laurarialf o Lun, 04/12/2023 - 12:45O pasado 28 de novembro tivemos “A trastenda dos contos”, un contacontos sobre o Día internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller da man do CIM (Centro de Información á Muller) de Marín.
A actividade foi destinada para o alumnado de Educación Infantil, 1º, 2º e 3º de primaria.
Que momento máis divertido pasamos!
Menos violencia e máis amor!
Enviado por Miguel o Dom, 26/11/2023 - 22:00Co gallo do 25N, Día Internacional contra a violencia de Xénero, Elsa e Nicolás de 2º de primaria leron esta historia á que acompañan ao final outros compañeiros coa proclama que cantaban no percorrido que fixo todo o colexio con lemas contra a violencia. Parabéns!
O AMOR É O MELLOR (1ºEP)
Enviado por laurarialf o Dom, 26/11/2023 - 21:33Os nenos e nenas de 1º de EP puxéronse mans á obra para elaborar un conto para conmemorar o 25 de Novembro-Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Aquí vos deixamos a historia feita e contada por eles e elas! Ademais, se queredes ver o conto, tamén podedes dar un paseo pola beira do río lameira.
Agardamos que vos guste!
25N no CEIP Sequelo
Enviado por laurarialf o Dom, 26/11/2023 - 10:27Onte foi 25 de novembro, Día Internacional da eliminación da Violencia contra a muller. A pesar de ser un tema que traballamos día a día na aula, o venres quixemos darlle un pouco máis de visibilidade e amosar que todos e todas estamos totalmente en contra con este tipo de accións.
Dende hai uns días, estivemos preparando nas clases carteis con lemas en contra desta violencia e a favor das mulleres e o respecto que temos por todas e cada unha delas.
Para facer máis visible o noso traballo e o noso desacordo coa violencia contra as mulleres, saímos do centro educativo e manifestámonos por toda a beira do río Lameira. Na volta ao centro deixamos colgados os nosos carteis ao redor do colexio para que cada persoa que pase poida lelos.
Ao chegar ao centro, Tania de 6º de Educación Primaria leunos un manifesto, deixando claro que no CEIP Sequelo berramos todas xuntas: Eu por ti e ti por min!
Por último, os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de EP, xunto coa profe Montse, versionaron en galego a canción de “Ni una más” de Aitana e mostráronola a todos e todas.
Hoxe e cada día do ano: NIN UNHA MÁIS
25 de Novembro
Enviado por inesduran o Ven, 24/11/2023 - 14:43Camiño en Violeta: "Alza a túa voz". 25 Novembro
Enviado por Anónimo o Lun, 29/11/2021 - 19:39Este ano conmemoramos o "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller", alzando as nosas voces para construír un "Camiño en Violeta" cara á Igualdade e á NON Violencia.
Alzamos as voces, enchendo os corredores coas nosas mensaxes, para non esquecer que o "Camiño en Violeta" témolo que construír día a día.