VIDEOCONFERENCIA CON ANTONIO DURÁN "MORRIS"
Unha foto pola que levabamos longo tempo esperando (dende o 20 de Abril), o noso intento de videoconferencia con Morris, o popular alcalde de Padre Casares. Darlle as grazas aos compañeiros do EEI Monte da Guia de Teis de onde o actor é natural, por intentalo en todo momento. Se lembrades, o ano pasado tiñamos un proxecto conxunto con eles para celebrar o 18 aniversario do Xabarín, pois todolos anos polo 18 de abril xa sabemos que temos unha cita co porco bravo e eles invitaron a alguén vinculado co Xabarín Club, ao Mestre Mutenrohi, ao que lle poñía voz Morris. Foi unha mágoa que a videoconferencia, un instrumento eficaz e imprescindible no aprendizaxe das linguas non funcionase mellor debido ao escaso ancho de banda que os colexios temos e non foi que o recortaran, non, e que nunca o tivemos. Antonio Durán ademáis, traballou en moitas das obras de Roberto Vidal Bolaño e moi recentemente foi parte do elenco de actores que xunto co recentemente falecido Pico levaron ao cine a obra de Vidal Bolaño "Doentes". No Ipad que porta Morris , vedes aos rapaces de 3º A coa carouta de Vidal Bolaño na sala de informática. se xirades a foto 180 graos. Graciñas a Morris pola súa paciencia e aos compañeiros da EEI Monte da Guía polo seu traballo.
Enviar un comentario novo