21 MARZO: DÍA MUNDIAL DA POESÍA "Versos compartidos"
A UNESCO, no ano 1999 decidiu declarar o 21 de marzo como o Día Mundial da Poesía. Buscábase apoiar a diversidade lingüística e promover a ensinanza da poesía, a tradición oral dos recitais poéticos e darlle visibilidade á poesía como arte de expresión.
No CEP SEQUELO queremos celebralo o vindeiro luns, 22 de marzo mediante a actividade "Versos compartidos"
En cada clase trabállanse un ou dous poemas. Os nenos "maiores" son os padriños lectores dos máis pequenos. Na hora de ler intercambiamos recitados de poemas, gardando, por suposto, as normas do protocolo Covid-19.
No seguinte mural Padlet poremos unha mostra do que imos facer pero está aberto á participación de todos e todas. Dende a casa, dende onde queirades podedes subir as vosas gravacións, vídeos, fotos, textos de poemas propios ou de autor recoñecido. Só tendes que pinchar no + e subir o voso arquivo. Anímate!
Enviar un comentario novo