Charla para pais e nais sobre acoso escolar

O martes día 16 de xaneiro o policía José Amedo impartiu unha charla sobre o tema do acoso escolar dirixida aos pais e nais do alumnado de 5º e 6º cursos do noso centro. En primeiro lugar temos que felicitarnos pola numerosa asistencia de pais e nais, rondando as 20 persoas, cando noutras charlas sobre o mesmo tema a asistencia soe ser moito menor.

O poñente explicounos en que consiste o acoso escolar e cales son os tres protagonistas para que exista situación de acoso: vítima, agresor e espectadores. O acoso escolar prodúcese cando de xeito reiterado durante un periodo de tempo unha vítima é obxecto de agresións (físicas, verbais, psicolóxicas, etc.) por parte dun agresor e esa situación é mantida pola existencia de espectadores, outros compañeiros/as que consinten esas agresións e non as denuncian. Un episodio puntual de agresións non se considera acoso escolar. En todos os centros educativos existe un protocolo de actuación que se pon en marcha cando se detecta unha situación de acoso.

O poñente centrouse moito no tema do ciberacoso, é dicir, situacións de acoso que se producen cando utilizamos internet. Hoxe en día existe un risco grande de que calquera dos nosos fillos e fillas padeza nalgunha medida situacións de ciberacoso, ou ao menos sexa testigo delas. Moitos pais e nais non son conscientes dos perigos de navegar por internet, que para poñer un exemplo, son similares aos que nos expoñemos cando andamos polas rúas. Cando saímos á rúa e temos que cruzar a calzada utilizamos os pasos de peóns e miramos aos lados para ver se veñen coches. Ese mesmo tipo de precaucións deberiamos utilizalas en internet, tendo coidado coa información que compartimos, coidado de relacionarnos con persoas descoñecidas, etc. Cando andamos pola rúa non imos berrando a nosa vida privada para que todo o mundo se entere, pero sen darnos conta podemos facelo cando compartimos a nosa información nas redes sociais.

Na web de OSI (Oficina de Seguridade do Internauta) atopamos unha excelente guía de recomendacións para pais e nais, en formato pdf de 25 páxinas. As recomendacións veñen dirixidas por grupos de idades dos fillos: de 3 a 5 anos, de 6 a 9 anos, de 10 a 13 anos e para maiores de 14 anos. Recomendamos a súa lectura.

Enviar un comentario novo

PDI 2024-2025: Galicia polo mundo

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2023-2024

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.