Viaxe ao reino das emocións
Xogos na web El mundo de Milu
Enviado por xose o Lun, 12/04/2021 - 10:50Compartimos un novo xogo que amplía os contidos de "Viaxe ao reino das emocións". Podedes consultalo na web do Mundo de Milu (http://mundodemilu.org/gl/36). Nel invitámosvos a entrar novamente no Aloia, e superar cada unha das probas que vos propoñen o sabio, a rá, as toupiñas...
Outros xogos
O cofre do tesouro
Enviado por xose o Xov, 18/03/2021 - 11:27Cando todos miraron o interior do cofre pídeselle aos nenos que digan que obxecto atoparon dentro. Moitos dirán que atoparon "un espello", pero algún deles, despois dalgunha pista previa dirá que o tesouro era el mesmo, que se viu no espello. Todos os demais irán caendo na conta de que eles son o mellor tesouro.
Podemos rematar comentando a importancia de que somos seres únicos e irrepetibles e iso nos fai ser o máis valioso do mundo.
Traballamos a autoestima en 1º B
Enviado por xose o Xov, 18/02/2021 - 12:52A semana pasada traballamos a autoestima na aula de 1º B. Pinchando na imaxe podemos descargar unha presentación multimedia con imaxes do proceso e o resultado obtido.
DIPLOMA DO REINO DAS EMOCIÓNS
Enviado por Anónimo o Mér, 03/06/2020 - 18:12Este ano, os alumnos de 1º continuamos no programa de educación emocional O REINO DAS EMOCIÓNS, promovido pola Fundación Meniños.
Dado que foi un curso "diferente", Draco en Andrea, os personaxes protagonistas destas historias, quixeron agasallar aos alumnos de 1º e 2º cun diploma por quedar na casa durante o confinamento e seguir traballando nas cousas do colexio.
NORABOA A TODOS E TODAS!
Xogo do Aloia (Viaxe ao reino das emocións)
Enviado por xose o Ven, 15/05/2020 - 13:21Podes visitalo nesta ligazón: https://view.genial.ly/5eba51818a39780d0f677cba/game-xogo-do-aloia
Mateo e a súa tarxeta de Draco
Enviado por xose o Mar, 07/04/2020 - 22:03Mateo entrou na ligazón do Reino das Emocións e compuxo a súa propia historia que quere compartir con nós. Ben feito!
Draco tamén queda na casa
Enviado por xose o Mar, 31/03/2020 - 22:58Ola nenos e nenas de primeiro curso, Draco, o noso amigo do reino das emocións, enviounos unha mensaxe. (Pincha na imaxe para lela).
Tamén nos deixa un xogo para os que teñamos ordenador. Consiste en facer unha tarxeta semellante á que vedes arriba, pero co voso toque persoal. A ver se sodes capaces de facer a vosa propia tarxeta con mensaxes positivas para animarnos a todos e todas.
Para xogar podemos escoller personaxes, escenarios, diálogos, obxectos e músicas, pulsando na casiña "Validar". Despois de escollelos todos pinchamos na casiña "Ver" e movemos os diversos elementos segundo queiramos. Finalmente pinchamos en "Descargar" e xa temos no noso ordenador o debuxo, que podedes envialo ao profe para subilo á web.
Ánimo
Viaxe ao reino das emocións
Enviado por Anónimo o Xov, 17/10/2019 - 23:02Este ano os alumnos de 1º curso estamos a traballar coas EMOCIÓNS. Participamos no proxecto "Viaxe ao reino das emocións". Esta semana estivemos escoitando e pensando sobre un conto no que o protagonista é un simpático dragón, DRACO. Despois fixemos uns monicreques para representar o conto.
Educación emocional en 1º curso
Enviado por xose o Mar, 09/04/2019 - 17:50Neste curso 2018-2019 estamos levando a cabo o proxecto "Viaxe ao reino das emocións" no primeiro curso de primaria. Xa fixemos actividades como As Preguntas do Sabio ou A Caixa da Calma, e máis que faremos nos vindeiros días.
AUTOESTIMA
Enviado por Belen o Lun, 21/05/2018 - 09:27A autoestima é a capacidade que ten unha persoa para valorarse, respetarse e aceptarse a sí mesma tal e como é.
Deixo algunhas imaxes diseñadas polos nenos/as do 1º curso.
ALEGRÍA y FELICIDAD
Enviado por Belen o Dom, 06/05/2018 - 11:37Mostramos un conto inventado por Nihal, alumna de 2ºA. Esperamos que vos guste!