Concerto didáctico de música tradicional galega "Sandra e Meirol en Xistralia"
O pasado día 7 o alumnado de terceiro e cuarto asistiu a un concerto de música tradicional galega titulado "Sandra e Meirol en Xistralia", protagonizado polos "Gaiteiros da Xistra", no que puideron ver e escoitar os instrumentos tradicionais galegos, e tamén coñecer e disfrutar con algunhas cantigas e danzas tradicionais. Deixamos un pequeno resumo de como foi o espectáculo.