Estamos nun proxecto que se chama Marín e o Mar e non habíamos de falar das nosas chalanas logo?. Os de 5º fixeron estas fermosas presentacións, sobre a nosa embarcación tradicional por antonomasía, que por se algún inda non o viu nunca tamén ían á vela
Traiñas ou traineras, unhas cousas do Mar Cantábrico? Daló chegaron, máis logo da guerra do xeito contra as traiñas con megamanifestación en Marín en 1900 en presenza de Alfonso XII e toda a corte; as traineras impuxeronse apoiadas pola súa maior capacidade de capturas e pola industria conserveira; e ben axiña houbo traiñas e traineras en Marín. Nentrementres bombas e algunha estoupou en Moaña, os nosos devanceiros non se andaban con chiquitas coas cousas de comer. E un dos aparellos máis usados nas rías en tempos foi a dinamita
Enviar un comentario novo