Responder ó comentario
Comedor escolar e Plan Madruga
Enviado por Belen o Mar, 01/08/2023 - 17:42A partir de mañá 2 de agosto xa estará activa a AppColechef para a contratación do servizo de comedor.
Achegamos a carta informativa para que se poidan dar de alta ou renovar o servizo do comedor para o próximo curso 2023-24.
MOI IMPORTANTE. No caso de alerxias e/o intolerancias deberán comunicalo e enviar o informe médico ao correo electrónico: info@arumeservicios.es, tal e como se indica na carta informativa.
Do mesmo xeito que este curso todo xestionarase a través da App Cole chef. Na carta atoparán todos os pasos que deben seguir para poder darse de alta no servizo do comedor.
O prazo de inscrición estará aberto ata o 1 de setembro para usuarios e usuarias habituais despois desa data terían que ser contratación de esporádicos para o mes de setembro.
Para inscribirse ao plan madruga (dende as 7:30 horas ata as 9:00 horas) deben contactar co seguinte número de teléfono: 649762614
O servizo de plan madruga e comedor iniciaranse o mesmo día que se comezan as clases, o luns 11 de setembro 2023.
Recordade que para facilitar a conciliación familiar, a ANPA oferta actividades extraescolares ( publicado en FAITE SOCIO DA ANPA AIDÓN), non esquezades escoller a que mais lle guste ao voso fillo/a.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Instrucciones contratación Sequelo 23 - 24.pdf | 973.56 KB |