Ola rapaces? Como ides levando a coarentena agora que xa podedes saír? Por se queredes traballar un pouquiño máis deixámosvos unha nova proposta?
Á profe de Educación Física, Tamara; e máis a min ocorréusenos que podiamos recoller xogos populares que implican movemento ou acción ao mesmo tempo que se acompañan de cancións, recitativos rítmicos, adiviñas, ladaíñas (serie longa e ininterrompida de cousas, nomes, palabras etc., que se suceden ou se mencionan ordenadamente.)...
Para que o entendades propoñémosvos comezar cun xogo que deberiades coñecer.
Escoitade a pista musical: Recoñecedes a canción? Como xogamos con esta canción? Recordades o título?... contestade e mandade as respostas escribindo o voso nome e curso.
A ver cantos o acertades! Sorte!!!