Responder ó comentario
Feliz Nadal...Feliz Navidad...
Enviado por inesduran o Mar, 13/12/2011 - 22:43
...................Xa estamos cerca das Festas do Nadal e das vacacións...............
Este ano os nenos e nenas do Sequelo que formámolo coro das Panxoliñas imos cantarlles ós pequenos cativos do E.E.I. Grupo o día 19 deste mes de Nadal; eles tamén nos cantarán algunha outra....
Tamén iremos visitar a Residencia de Maiores de Marín para lles alegrar a proximidade deste Nadal cos nosos cantos. Alí poderemos ve-lo Belén que como cada ano colocan na súa casa con motivo destas festas.
Toca o pandeiro Manoel
1.Toca o pandeiro Manoel
e que non falte alegría.(bis)
Que está noche nacerá Xesús
Fillo da Virxe María.(bis)
*¡Ai! No portal de Belén,
Tiña que haber un galego,
No portal de Belén.
Fora de Ourense ou de Lugo
da Cruña ou pontevedrés.(bis)
E tiña que estar e tiña que haber
Algún galeguiño xunto do recén.
Xunto do recén non podía faltar
algún galeguiño para aturuxar.
2.Mira que bonito está
Da gloria velo na cuna.(bis)
O boi lle da o seu calor
As pallas cómeas a mula.(bis)
*¡Ai! No portal de Belén
Tiña que haber un galego,
No portal de Belén………
Con un sombreiro de palla
Con un sombreiro de palla
un galego a Belén foi
mentras adouraba ó Neno,
comeulle o sombreiro o boi.
DEIXADE ÓS PASTORES
DEIXADEOS PASAR
QUE VAN CANTAR Ó REI
A XESÚS NO PORTAL
Nunhas pallas deitadiño
i en coiros alí está,
sendo o Dono deste mundo
e Señor de canto hai.
DEIXADE ÓS PASTORES
DEIXADEOS PASAR
QUE VAN CANTAR Ó REI
A XESÚS NO PORTAL