Responder ó comentario
Engranaxes con LEGO en 2º de primaria
Enviado por xose o Mar, 12/03/2019 - 20:02Na aula de 2º curso iniciamos unha unidade didáctica utilizando o kit de máquinas sinxelas de LEGO. Fixemos 6 grupos para traballar de xeito cooperativo na aula. En cada grupo tiñamos 4 cargos diferentes: coordinador/a, secretario/a, intendente e axudante, cada quen co seu traballo asignado. Cada equipo montou unha máquina con engranaxe sinxelo e o secretario/a anotou na ficha de observación os datos que se pedían.
Quedamos contentos do traballo feito e avaliamos de xeito positivo a actividade. Gustounos e descubrimos algunhas cousas que mellorar para a vindeira sesión!