Responder ó comentario
Os Seres Vivos do río Lameira
Enviado por Menchi o Mar, 20/11/2018 - 13:52O martes 13 de novembro os alumnos de terceiro fixemos unha pequena saída para ver o río Lameira. Estamos estudando os seres vivos e a súa clasificación en plantas, animais, algas, bacterias e fungos. Estivemos de exploradores buscando fungos polas árbores e a herba, porque sabemos que se alimentan dos restos de seres vivos e que algúns son velenosos. Moito coidado!!!
Redacción: Noelia Moreira Gonzalez 3º B