Biblioteca
Que sabemos das Baleas Francas?
Enviado por josean o Dom, 22/11/2020 - 13:23Pois de primeiras non moito, salvo que son mamíferos mariños moi grandes e non moito máis; pero os noso alumnos de 6º foron investigar e algo máis no camiño aprenderon.
Magosto 2020: "Receitas con castañas"
Enviado por Anónimo o Sáb, 21/11/2020 - 23:30Deixamos a recompilación de "Receitas con castañas" elaborada coa participación do alumnado de todos os cursos. Agora só queda probar a facelas. A ver quen se atreve e nos conta como lle saíron.
Veña! A que estades esperando?
IV Concurso de Relato Curto Marín Conta
Enviado por josean o Sáb, 21/11/2020 - 22:51Tres dos catro da foto son alumnos do noso centro.
O Ateneo Santa Cecilia fixo entrega dos premios do 'IV Concurso de Relato Curto Marín Conta' por mor do día das Letras Galegas, nun acto condicionado polas medidas anticoronavirus. Os premiados do noso centro foron Breixo Vidal Salgueiro (primeiro premio), Carla Vilela Fernández (segundo) e Roberto Armada Aneiuros (accésit) que recolleron o agasallo e diploma acreditativo de mans do presidente da entidade Lois G. Dopazo.
Parabéns a todos!!
.
Chef Mini: Pastel de castañas
Enviado por josean o Sáb, 21/11/2020 - 22:23Outro dos marabillosos e suculentos postres que a partir de castañas nos chegaron, desta vez é Breixo Vidal que nos prepara este pastel de castañas.
Chef Mini: Biscoito de castañas (III)
Enviado por josean o Sáb, 21/11/2020 - 21:03E como non podía haber dous sen tres, o terceiro biscoito de castañas fixérono Sara Vilela de 6º e María José Fernández, a súa nai, e como no caso dos outros dous, ábrelle a un o apetito.
Carta de Birlo no Día Universal do Neno
Enviado por Anónimo o Sáb, 21/11/2020 - 21:00Así de atentos estiveron os nenos e nenas, mentras os seus mestres lían a carta de agradecemento que Birlo lles escribiu con motivo do "Día Universal do Neno".
Chef Mini: Biscoito de castañas (II)
Enviado por josean o Sáb, 21/11/2020 - 20:25Hoxe en Cociña co Roi Rodiño, imos facer un biscoito de castañas, rico, rico e con moito fundamento. Dende o set da SequeloTV na rúa Echegaray Roi vainos contando dunha forma amena e exhibindo o seu gorro de Chef os pasos para un estupendo biscoito. Rico, rico e con fundamento.
Chef Mini: Biscoito de castañas
Enviado por josean o Sáb, 21/11/2020 - 19:57Un apetitosísimo postre con base de castañas que cociñou para todos nós Xoel Sequeiros Paz de 6º.
IRIA (4º). TORTA DE CASTAÑAS
Enviado por Anónimo o Ven, 20/11/2020 - 01:23Iria preséntanos con moito aplomo e serenidade a súa fantástica torta de castañas. Noraboa polo teu traballo e grazas por compartilo.
Carta de Birlo aos nenos e nenas no Día Universal do Neno
Enviado por Anónimo o Xov, 19/11/2020 - 22:42O 20 de novembro é un día moi importante: celébrase o Día Universal do Neno e conmemóranse os aniversarios da adopción da Declaración Universal dos Dereitos do Neno (1959) e a aprobación da Convención dos Dereitos do Neno (1989).
Coincidindo con esta data Birlo, a nosa mascota, aproveitou para agradecervos o ben que vos estades portando neste ano tan difícil; e animarvos a que sigades así.
ROBERTO SANTOS POL. CREMA DE CASTAÑAS E CHOCOLOATE
Enviado por Anónimo o Mér, 18/11/2020 - 23:39ROBERTO (2º) quixo compartir con nós a súa receita: Crema de castañas e chocolate. Visto o resultado final debe de estar riquísima.
En arquivo adxunto atopades a receita paso a paso, por se queredes intentalo.
HUGO E JOEL DALMAU. FLAN CON CASTAÑAS
Enviado por Anónimo o Lun, 16/11/2020 - 22:16Os irmás Dalmau Barcala(Hugo e Joel) quixeron amosarnos como se fai un auténtico flan caseiro a base de castañas. Debía de estar riquísimo! E que ben o pasaron! Grazas por compartilo!
Se queredes intentalo, tendes a receita en arquivos de imaxe adxuntos.
ÁLVARO VEIGA BALAGONES. GALLETAS CON FARIÑA DE CASTAÑAS.
Enviado por Anónimo o Dom, 15/11/2020 - 23:53ÁLVARO(2º) está feito todo un cociñeiro. Contando, ademais, coa gran axuda de súa irmá, a pinche Noa, seguro que as galletas saíron riquísimas. Grazas por compartir o vosos traballo.
Magosto. Vídeos
Enviado por Anónimo o Xov, 12/11/2020 - 15:06XA QUE IMOS EDITAR UN LIBRO DE RECEITAS, QUEREMOS ANIMARVOS A QUE VOS POÑADES MANS Á MASA, ELABOREDES ALGÚN PRATO CON CASTAÑA E....
GRAVEDES EN VÍDEO O VOSO TRABALLO DE "CHEF" PARA COMPARTILO CON TODOS E TODAS. DEBE SER UN VÍDEO CORTIÑO, MÁXIMO 2 MINUTOS. PUBLICARANSE NESTA WEB.
Mandade os vídeos a:
sequelotitor1@gmail.com (preferiblemente a través de WE TRANSFER ou se non directamente a ese enderezo de correo).
RECEITAS CON CASTAÑAS
Enviado por Anónimo o Mér, 11/11/2020 - 11:34A CASTAÑA É, SOBRE TODO, UN ALIMENTO QUE DURANTE MOITOS ANOS FOI BÁSICO NA DIETA DE MOITOS GALEGOS. HOXENDÍA COÑECÉMOLO MAIORMENTE COMO SOBREMESA PERO PODE FORMAR PARTE DE MOITOS PRATOS.
PROXECTO: ELABORACIÓN DUN LIBRO DE RECEITAS
Trátase de que busquemos receitas nas que interveña este froito de outono, a castaña. Podemos preguntar aos nosos familiares e coñecidos, buscar en internet, en enciclopedias, na biblioteca do colexio...
Cada grupo de clase seleccionará tres receitas que formarán parte dese libro dixital e tamén impreso.
Data límite para entrega de traballos: Mércores, 18 de novembro.
E se vos animades a cociñar e compartilo mediante un vídeo, moito mellor.
ÁNIMO, A POLAS CASTAÑAS E MANS Á MASA!
MAGOSTO- 2020
Enviado por Anónimo o Mér, 11/11/2020 - 03:36ESTE ANO NON PODEREMOS CELEBRAR O MAGOSTO COMO NOS GUSTOU SEMPRE, CON XOGOS E COMENDO CASTAÑAS ASADAS, PERO ÍMOLO CELEBRAR CON DISTINTAS ACTIVIDADES QUE VOS PROPOÑEMOS DENDE O EDLG E A BIBLIOTECA.
PARA EMPEZAR, DIRIXIDO ESPECIALMENTE AO TRABALLO DE AULA OFRECEMOS OS SEGUINTES RECURSOS ALOXADOS EN PÁXINAS WEB
v
UNIDADES DIDÁCTICAS
https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1656324&name=DLFE-10522.pdf
ESPAZO ABALAR
https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/node/6549
SEMINARIO GALÁN. Unidades Didácticas
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcerpdfvinho/?q=system/files/O%20MAGOSTO%202015.
file:///C:/Users/Ramon/Desktop/Magosto/O%20Magosto%20CEIP%20Gal%C3%A1n%20Oseiro.pdf
CANCIÓN DO MAGOSTO 13 LÚAS CEIP ANTONIO PEDROSO LATAS
https://www.youtube.com/watch?v=MROVeaRgT7U
CANCIÓN DO MAGOSTO 2017. AREALONGA
https://www.youtube.com/watch?v=A_c69QVgdZg
https://www.youtube.com/watch?v=3N6uJNT8i1M
RAP DO MAGOSTO. Paco Nogueiras , “Brinca vai”
https://www.youtube.com/watch?v=oEo74iZhFuE
CALDO DE CASTAÑAS. CASA DO PATRÓN(LALÍN)
https://www.youtube.com/watch?v=Px3YLieBXHU
Que sabemos da Bolboreta?
Enviado por josean o Lun, 09/11/2020 - 00:00Por mor da Covid 19, temos que renovar o aire da aula con asiduidade e con tal fin temos abertas portas e fiestras; e por unha desas fiestras abertas entre os bechos que se nos teñen colado, colousenos unha bolboreta e como os rapaces son curiosos e que ademais coincidiu que comezabamos a lección 2 de Ciencias Naturais, os Animais, pois que se nos deu por saber que era o que non sabiamos das Bolboretas e de certo que había cousas que non sabiamos.
Que sabemos da Laminaria?
Enviado por josean o Dom, 08/11/2020 - 23:31Pois os nenos de 6º saben moitas cosas que están resumidas nestas dúas presentacións colectivas. Entre outras cousas que realizan a fotosíntese e que na nosa ría están en claro retroceso o que empobrece a biodiversidade dos nosos fondos mariños, un retroceso provocado pola contaminación da ría e o cambio climático.
Sanguento Samaín
Enviado por josean o Dom, 08/11/2020 - 19:32Seguimos explorando a linguaxe visual e por medio do Stop Motion Breixo Vidal, Roberto Armada, Xoel Sequeiros e Rubén Argibay crearon este Sanguento Samaín.
Resumo do Samaín 2020
Enviado por Anónimo o Lun, 02/11/2020 - 19:11Como remate desta mostra de actividades, deixámosvos este pequeno resumo do que foi este ano o Samaín no colexio.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- …
- seguinte ›
- última »