Novas

Aviso familias: vacacións de Semana Santa

Durante a Semana Santa (6 ao 13 de abril), ao tratarse dun período de vacacións xa establecido, non se publicarán tarefas para o alumnado na web dinámica nin se avanzarán materias. Esperamos novas instrucións sobre o funcionamento no terceiro trimestre e en canto as recibamos farémolo saber á comunidade escolar.

Asegurádevos de ter instalada e funcionando a aplicación "Abalar Móbil" posto que é unha aplicación básica para poder manteros en contacto cos docentes, recibir as cualificacións do 2º trimestre ou propostas de traballo para os vosos fillos e fillas.

Aviso para as familias do alumnado (13/03/2020)

Dadas as circunstancias excepcionais de pandemia declarada pola OMS o profesorado recomenda que o alumnado realice durante o periodo sen clases actividades como: Repaso dos contidos dados ata o momento nas diversas materias e lecturas variadas.

Para manter a calma adiantamos uns Consellos para organizar a vida diaria na casa durante a cuarentena.

Os profesores póñense en contacto coas familias e o alumnado a través de teléfono móbil, a aplicación Abalar Móbil e e-mail, que tamén están a utilizar para enviar as tarefas para os nenos/as. Estes medios compleméntanse con esta web dinámica, nos blogs dos respectivos cursos:

O alumnado de 5º e 6º está empregando o Edixgal.

Ademais dos cursos, tamén hai blogs de áreas e blogs complementarios (aparecen nos bloques da parte dereita desta web), onde publicaremos tarefas concretas para o alumnado:

Inglés 1º a 4º: Blog de lingua inglesa ( 1º a 4º)

Inglés 5º e 6º: Blog de lingua inglesa (5º e 6º)

Música: Blog de música

Relixión Católica: Relixión Católica

Blog de Relixión Católica: Profe Inés (Shalom)

Educación Física: Educación Física

Blog de Educación Física: Profe Tamara

Blog de primeiro curso: Verdeiroles 1º

Blog de segundo curso: Verdeiroles 2º

Para calquera dúbida poden contactar co profesorado nos seus correos electrónicos.

Por último, no enlace que segue ofrecémosvos actividades de aprendizaxe para utilizar como repaso para todos os cursos, e que iremos actualizando segundo atopemos novidades (estas actividades en ningún caso son obrigatorias):

 Enlaces web para os distintos cursos

Calendario escolar 2019-2020.

Facendo clic no seguinte enlace, veredes o Calendario escolar 2019-2020.

Calendario 2019-2020.

Bolsas e axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo 2018-2019

Está aberta a convocatoria deste curso para presentar solicitudes de bolsas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

O prazo para presentar as solicitudes de axuda rematan o xoves día 27 de setembro.

Lembren que se deben presentar mediante formulario por internet.

Acceda a toda a información en:

https://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/infantil/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

Plano do noso colexio para este curso 2018-2019.

Aquí podedes ver a situación das aulas para este curso 2018-2019 do noso centro.

 

Relación libros de texto Curso 2018-19

No arquivo adxunto tamén está a relación dos libros de texto para o vindeiro curso 2018-19.

 

 

Campaña da Asociación Duchenne Parent Project

O día 28 de febreiro celebrouse o día mundial das enfermidades raras. Dende o CEP. Sequelo damos coñecemento dunha campaña de visibilidade da Asociación Duchenne Parent Project España (DPPE), unha entidade sen ánimo de lucro e declarada de utilidade pública, que está formada por nais e pais de nenos afectados pola distrofia muscular de Duchenne (DMD) e a distrofia muscular de Becker (DMB).  Na web da asociación atopamos toda a información necesaria: https://duchenne-spain.org

 Desde Duchenne Parent Project queren dar visibilidade a esta enfermidade rara para favorecer, dinamizar e promover as investigacións médicas para que se poñan en marcha as terapias que permitan curala. Desde o CEP. Sequelo informámoslle que todos/as os que queiramos colaborar podemos facelo mercando un bolígrafo deseñado a tal efecto, que estará á venda nas tendas de Mimos Animaciones (Ezequiel Massoni nº 36) e na papelería D’Cores (Jaime Janer 52) a un prezo de venda de tres euros.

Proxecto Robótica

Xa dende hai uns días están connosco os kits de montaxe dos Mbots, un dos cales nos presenta Martina. En nada a choiar con eles.

Relación de libros de texto para o curso 2017-2018.

Aquí tedes a relación dos libros para este curso 2017-2018.

 

 

Calendario Escolar 2017-2018.

Aquí podedes ver o calendario para este curso 2017-2018, inclusive os dous días non lectivos en Marín.

 
Distribuir contido

PDI 2024-2025: Galicia polo mundo

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2023-2024

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.