Robótica

No curso 2017-2018 foinos concedido o proxecto de Robótica, de xeito que chegaron ao noso centro 6 kits de montaxe do robot mBot. Este proxecto está destinado ao alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria, e mediante el aprenderon a programar e construír robots. No curso 2018-2019 ampliouse o proxecto e concedéronnos outros 6 kits de montaxe do mesmo robot, ao que se lle sumaron outros 6 kits de Lego de Máquinas sinxelas e 6 kits de Lego WeDo. Con estes recursos ampliamos os destinatarios do programa a todos os cursos de primaria, de xeito que os nosos alumnos/as inícianse na programación con robots desde o 1º curso. Neste curso 2022-2023 continuamos con este proxecto. Recursos e material didáctico para o mbot na web: https://www.makeblock.es/soporte/robot-mbot/

Multimetro

Na mesa de ferramentas que o proxecto de Polos Creativos nos aportou, viña este aparatiño, e grazas a que o noso conserxe sabe un chisco de eléctronica guiounos para comprender dúas ou tres cousiñas da súa útilidade e os nenos de 5º de seguida o aplicaron ao traballo con circuitos.

M-Bot: sensor de temperatura

Partindo da saída do proxecto Ríos, por medio do sensor de Temperatura, co adaptador RJ 25 e co Display de 7 segmentos, logo de programar sinxelamente o Mbot, conseguimos medir a temperatura da auga do río.

LEGO WEDO en 1º de primaria

O alumnado de 1º de primaria experimentou hoxe coa programación de robots utilizando o kit de LEGO WeDo. Tiveron que seguir catro pasos:

1. Construír un caracol utilizando a tablet onde figuraban as instrucións,

2. Conectar o robot á tablet mediante bluetooth

3. Escribir a programación utilizando bloques

4. Comprobar que funciona!

E podemos dicir que o pasaron moi pero que moi ben!! Descubriron que podían cambiar cores, escoller sons ou mesmo gravarse a si mesmos para incluír as súas voces na programación.

Programación con Lego WeDo

Hoxe o alumnado de 2º de primaria traballou en grupos de tres co kit de robótica de LEGO WeDo, construíndo un muíño de vento e programando o movemento das súas aspas. Para iso axudámonos coas tablets do cole, que tiñan instalada a aplicación WeDo 2.0 coas instrucións para a construción e as suxestións para a programación.

Programando con DOC

Os nenos e nenas de 1º de primaria empezan a dar os seus primeiros pasos na programación co seu amigo robot DOC, traballando ao mesmo tempo a lateralidade e orientación espacial. Moi ben feito!

Postal de Nadal I

Pincha sobre cada unha das personaxes para ver que sucede

 

Imos ao Magosto

O noso amigo anda como tolo por chegar ao Magosto que organiza a Anpa, pero non sabe como.  Guíao coas frechas do cursor e evita tocar as paredes do labirinto.

 

Scratch by Roberto Carlos Santiago Nedea

GATIPEDRO 2.0

O Gatipedro é unha figura da Mitoloxía galega que facía que os nenos mexasen na cama.  Había quen o describía coma un gato branco cun corno na cabeza do que brotaba auga e que polas noites se achegaba ás camas onde durmían os nenos.

Para ver o que é quen de facer o Gatipedro, preme a bandeira sobre a imaxe, a barra do espazo, e moi especialmente a tecla Q.

Traballo realizado por Roberto Carlos Santiago Nedea de 5º

Distribuir contido

PDI 2024-2025: Galicia polo mundo

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2023-2024

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.