Día internacional das persoas con discapacidade
Hoxe día 3 de decembro de 2019 conmemoramos o "Día Internacional das Persoas con Discapacidade".
No CEP Sequelo levamos un par de días traballando no tema, uns grupos na aula e outros na biblioteca, adicámonos a desterrar mitos que xiran arredor das persoas con discapacidadade.
Os mais pequenos lemos a historia do "Cazo de Lorenzo", visionamos a curtometraxe e tivemos un pequeno coloquio.
E na área de Educación Física, ó longo de toda a semana vivenciaremos cómo se sinte unha persoa con discapacidade a través de divertidos xogos como "o director de orquestra", "tren cego" e o semáforo.
Agora somos mais conscientes das barreiras que existen e loitaremos por acabar con elas!
Enviar un comentario novo