blogue dejosean

Alborada de Rosalía 2021

A partir das nubes de palabras que fomos realizando individualmente para cada anaquiño de poema, xunto co uso da radio para grabar as voces, tratando o texto dos videos con ciberlink,e  a partir da inspiración dun vídeo de finais dos 80 dos Talking Heads e co fondo musical doado polo gaiteiro Jose Francisco Gil coa gaita Marañona, a máis antiga de Marín (que pode ter máis de douscentos anos), os nenos construíron este videopoema.

Os 1000 e 1 disfraces de Mortadeltino

Aproveitando a idea dun dos pais do noso centro que sabe moito disto, do Entroido, e que nos deu o comezo e o final, recreamos aqueles cambios de disfraz que nos tebeos facía Mortadelo, desta vez na súa versión de o Hio, Mortadeltino. Un Mortadeltino que nos deixa unha mensaxe acorde co que estamos pasando:  "Disfrazate pero seguriño, usa sempre a máscara"

O Testamento do Burro

Nos Entroidos máis tradicionais o Entroido remata morrendo non se antes facer testamento. O día de seu é o Martes de Entroido, ese día en lugares como en Laza, a xentes fan un remedo de testamento, onde con moita retranca se comentan as incidencias máis destacas que o ano deixou e se reparten as posesións do burro. O burro nas culturas máis primitivas é a representación simbólica do inverno, co seu lento camiñar, ese mesmo inverno que está para acabar co Entroido.

Falabamos da presencia deste testamento nos Entroidos máis tradicionais, o de Marín non o é, xa hai moito, pero nalgún momento debeu de selo, porque a primeira estrofa deste testamento que elaboraron os rapaces, foi recollida en Marín, hai moito moito tempo durante un enterro da sardiña. A partir desa primeira estrofa e grazas a unha paxina que topamos en internet onde aparecía un amplo léxico de utensilios relacionados co burro, fomos elaborando na clase o testamento deste burro ao que puxeron nome e apelidos, "Eustakio Chirico", que de tanto comer e beber morreu e rematou co Entroido.

XVII Obradoiro da Filloa

Como cada ano por estas datas dende hai 17 acode a vós, o noso obradoiro, que tradicionalmente viña, sendo unha festa rachada, onde se fomentaba unha das facetas de todo bo Obradoiro que se prece, a degustación. Este ano por mor das restriccións pandémicas o Obradoiro cobra máis sentido de seu pois os rapaces amósannos o que antes non víamos, a preparación.

Un clásico do Noso Mini Chef, "Cociña con Roi Rodiño", desta vez elabora as Chulas de Entroido...

HMMM! RICO, RICO E CON FUNDAMENTO 

Da man de Rubén Argibay Pidre chegan as primeiras e deliciosas filloas deste Entroido.

 

 

Moitos outros se atreveron a meterse na cociña para deixarnos o seu peculiar estilo de facer as filloas. Chega a quenda de tres dos mellores reposteiros que temos no colexio:  Breixo Vidal Salgueiro , Roberto Armada Aneiros e Xoel Sequeiros Paz.

Houbo tamén, quen, como Candelá Bermúdez Santiago se animou a facelas por primeira vez. 

 

Filloas si, pero co recheo que máis lle gusta a Irene

 

Con perruca verde, con perruca laranxa e ata sen ela Unai Neira Rosales cociñou estas apetitosas filloas.

Outros dos postres que non poden faltar nesta época son as ORELLAS, que desta vez nos trae o reputado mestre de cociña Daniel Quintana Domínguez. Un postre de bigotes!!

Máis orelliñas, ou orellazas segundo se mire....As de Elba Pintos Omil.

E para rematar a "Piece de Resistance" do Chef Sanjorge, LACÓN CON GRELOS

 

ANIMÁDEVOS A COMPARTIR AS VOSAS LARPEIRADAS

Un comedor moi artístico

Traballo espectacular o dos nenos do comedor. Felicitalos a todos, especialmente á coidadora do comedor que soubo encamiñalos cara un propósito común. No noso comedor non só se come coa boca, tamén coa vista....e moito.

Seica novos proxectos están á volta da esquina.

Medidores de CO2

A Nosa Comunidade Educativa nestes difíciles tempos que nos tocou vivir, adáptase ás novas realidades.  Sabemos da necesidade de protexernos mediante o mantemento do aire o máis limpo posible nas aulas e así puidemos  implementar, de cara a lograr ese obxectivo, grazas á nosas familiias, os Medidores de CO2 con tecnoloxía NDIR.

Aquí tedes aos nosos pequechos en perfecto funcionamento. Traballando unidos é o xeito de protexernos.

Este é o noso colexio

Propúxoselle o desafío aos alumnos de 6º que xa que este ano non ía ser posible facer xornada de portas abertas, que presentasen o cole onde pasan parte moi importante das súas vidas. Démoslle a cámara de vídeo que temos, o trípode e o micro unidireccional calzado coa pluma para exteriores, e previa a presentación de cadanseu guión dixémoslles, "safádevos", o que en termos pedágoxicos ben sendo "sede competentes para aprender a aprender". 

Aló andiveron percorrendo o colexio cámara en ristre e logo eles mesmos editaron o vídeo primeiro co AVS Editor e como deu problemas, co Cyberlink Power Director. Como vedes un traballo ao 100 por cento de Xoel Sequeiros Paz e Breixo Vidal Salgueiro. As reclamacións xa sabedes a onde envialas.

E aos poucos, van chegando máis visións do colexio por parte dos nosos alumnos e alumnas, desta vez son Irene Estévez Pazos, Candela Bermúdez Santiago e Olivia Martínez González.

Cada un dos nosos nenos ve o colexio ao seu xeito, neste caso imos co xeito de Laura Arribas López e Carla Vilela Fernández, que ámbalas dúas teñen irmáns en 2º.

Segundo Breixo Sanjorge, Roi Rodiño, Daniel Quintana, Rubén Argibay e o recén chegado Unai;  así é o Cep Sequelo.

#Eu son brava

Xunto con outros colexios da contorna colaboramos, como non podía ser outra sendo de Marín, con Opromar neste valioso proxecto que é Eusonbrava.

OPROMAR  é unha organización formada por empresas armadoras que posúen barcos de pesca que capturan  peixes en todos os océanos e que nesta ocasíón pretende poñer en valor o traballo das mulleres dentro do mundo do mar.  Con tal fin, mulleres de toda Galicia, compartiron as súas experiencias nos traballos relacionados co mar, a través de videos e textos. Como remate da actividade os nosos alumnos elaboraron pequenos textos que a organización recolleu na súa páxina.

Clica na imaxe para ir ao blog e logo para acceder aos do noso cole premede en "OLDER ENTRIES"  tres veces.

CONCURSO DE DEBUXOS E CONTOS DE NADAL 2020 DO ATENEO

Coma tódolos anos o Ateneo Santa Cecilia convoca o seu concurso de Debuxos e Contos de Nadal e como tódolos anos tivéronnos dispostos a colaborar con eles. Presentamos unha chea de debuxos e contos, todos dunha grande calidade, logo xa o dos premios e a gusto do xurado. Parabéns a todos polo esforzo realizado e moi especialmente aos premiados tanto no eido dos contos, onde copamos a categoría B con Breixo Vidal Salgueiro, Irene Estévez Pazos e Breixo Sanjorge Boullosa coma no eido dos debuxos onde Luisa Barreiro Vázquez tivo un accésit.

Polo Nadal Mensaxe Real

Dende o colexio o Rei Baltasar mándanos a súa mensaxe de Nadal.

Sorteo de Nadal CEP Sequelo 2020

Hoxe o presidente da ANPA, dous paxes reais e máis un inocente que pasaba por alí sortearon  a GRANDE CESTA DE NADAL. Noraboa aos gañadores!!

Chef Mini: Biscoito de castañas (IV)

Ao noso programa de cociña seguen chegando distintos pratos, inda que repetidos, cada un ten o toque especial dos nosos Chefs Mini, neste caso o de Laura Arribas López de 6º

 

Que sabemos das Esponxas de Mar?

Sara Fernández Blanco recopilou toda esta interesante información dun animal moi curioso, as esponxas de Mar.

 

Que sabemos das Baleas Francas?

Pois de primeiras non moito, salvo que son mamíferos mariños moi grandes e non moito máis; pero os noso alumnos de 6º foron investigar e algo máis no camiño aprenderon.

 

IV Concurso de Relato Curto Marín Conta

Tres dos catro da foto son alumnos do noso centro.

O Ateneo Santa Cecilia fixo entrega dos premios do 'IV Concurso de Relato Curto Marín Conta'  por mor do día das Letras Galegas, nun acto condicionado polas medidas anticoronavirus. Os premiados do noso centro foron Breixo Vidal Salgueiro (primeiro premio), Carla Vilela Fernández (segundo) e Roberto Armada Aneiuros (accésit) que recolleron o agasallo e diploma acreditativo de mans do presidente da entidade Lois G. Dopazo.

 

Parabéns a todos!!

.

 

Chef Mini: Pastel de castañas

Outro dos marabillosos e suculentos postres que a partir de castañas nos chegaron, desta vez é Breixo Vidal que nos prepara este pastel de castañas.

Chef Mini: Biscoito de castañas (III)

E como non podía haber dous sen tres, o terceiro biscoito de castañas fixérono Sara Vilela de 6º e María José Fernández, a súa nai, e como no caso dos outros dous, ábrelle a un o apetito.

Chef Mini: Biscoito de castañas (II)

Hoxe en Cociña co Roi Rodiño, imos facer un biscoito de castañas, rico, rico e con moito fundamento. Dende o set da SequeloTV na rúa Echegaray Roi vainos contando dunha forma amena e exhibindo o seu gorro de Chef os pasos para un estupendo biscoito. Rico, rico e con fundamento.

Chef Mini: Biscoito de castañas

Un apetitosísimo postre con base de castañas que cociñou para todos nós Xoel Sequeiros  Paz de 6º. 

Que sabemos da Bolboreta?

Por mor da Covid 19, temos que renovar o aire da aula con asiduidade e con tal fin temos abertas portas e fiestras; e por unha desas fiestras abertas entre os bechos que se nos teñen colado, colousenos unha bolboreta e como os rapaces son curiosos e que ademais coincidiu que comezabamos a lección 2 de Ciencias Naturais, os Animais, pois que se nos deu por saber que era o que non sabiamos das Bolboretas e de certo que había cousas que non sabiamos.

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Xullo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.