Día Internacional das persoas con discapacidade
Día das Persoas con Discapacidade
Enviado por Anónimo o Dom, 11/12/2022 - 22:28Este ano conmemoramos o "Día das Persoas con Discapacidade" aprendendo un pouco máis sobre as distintas linguaxes que utilizan, para facerse entender e entendernos, as persoas con discapacidades relacionadas coa fala, o oído e a vista.
Pola conmemoración do "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller" cantamos a canción "A porta violenta", interpretando o retrouso con linguaxe de signos, achegándonos así ás persoas que non poden falar e/ou escoitar.
Posteriormente puidemos coñecer como se comunican as persoas con discapacide visual, grazas ás explicacións do personal experto da ONCE, que se ocupa de ensinar a estas persoas.
Xogos de sensibilización sobre discapacidade
Enviado por Belen o Ven, 09/12/2022 - 10:55Esta semana e parte da pasada, practicamos goalball, voleibol sentados, xogos sin visión e outros de toma de conciencia do sentido do oído. A finalidade destes xogos foi concienciar ao alumnado da realidade que vive unha persoa con discapacidade sensorial (visual e auditiva) ou física, experimentar e vivenciar os diferentes tipos de limitacións. Recordamos que o 3 de decembro celébrase o Día Internacional das persoas con Discapacidade.
Paratriatlón!
Enviado por Belen o Sáb, 11/12/2021 - 00:15Este ano quixemos imitar á paralímpica galega Susana Rodríguez, xa que veu de convidada á carreira Pinga Pinga o pasado mes de outubro.
As condicións climatolóxicas non nos deixaron moito tempo pero pasamos unha experiencia única e moi divertida, a pesares das limitacións visuais.
Parabéns a todos/as e moitas grazas por facer posible esta xornada.
Dende o CEP SEQUELO, desexámoslle moita sorte a Susana Rodríguez que deixa Galicia para ir a outra comunidade autónoma onde o paratriatlon e as categorías menores teñan o sitio que merecen!
3 de decembro: "Inventos que facilitan a vida ás persoas con discapacidade"
Enviado por Anónimo o Lun, 06/12/2021 - 16:22Conmemoramos o 3 de decembro o "Día Internacional das Persoas con Discapacidade" investigando un pouco sobre os inventos que facilitan a vida a estas persoas, seguindo co noso PDI "Inventos que cambian o mundo".
Con todos os que atopamos fixemos un gran mural, e aprendimos como todos estes inventos, descubrementos e tecnoloxías fan máis fácil que o día a día destas persoas; e a importancia de seguir investigando para que estas persoas melloren a súa calidade de vida.