Os cogomelos de Mael
O pasado venres, Mael chegou ao colexio cunha cesta de cogomelos. Quería compartir con todos os seus compañeiros a súa afección polos fungos.
Seus pais iniciárono nela e agora encántalle saír ao monte os fin de semana para recollelos e despois poder degustalos.
Agora, grazas a Mael, os de 2º curso sabemos un pouco máis dos cogomelos. Por exemplo, sabemos que non debemos coller aqueles exemplares que non coñezamos. Isto é moi importante porque hainos comestibles e non comestibles. Ademais, amosounos distintos exemplares, como son o boletus edulis ou os cantarelos, entre outros.
Enviar un comentario novo