Animais do río
Como este ano estamos a desenvolver no colexio un proxecto sobre o río Lameiriña, os nenos e nenas de 5ºA decidimos facer un traballo de investigación sobre os distintos animais do río: peixes, mamíferos, anfibios, reptis, aves e insectos. Cada neno escolleu un animal, investigou sobre el e realizou unha presentación.
Queremos compartir este traballo con todos vós e cada quince días presentarémosvos tres animais diferentes. Comezaremos con tres aves: garza reiseñor e pita de auga, traballos realizados por Yara, Almudena e Yelme.
Esperemos que vos gusten!
Enviar un comentario novo