Biblioteca

Polo pan...

Polo pan... disque fala galego calquera larpán e seica máis por unha televisión.

 

MASCARILLAS GALICIA

Quen di que a decadencia da nosa lingua non ten solución? Logo da brebaxe Verdello, veñen as mascarillas Galicia. Pura inmersión lingüística. Mascarillas Galicia, equivalen a un CELGA 4. 

VERDELLO

Eu xa o probei.  Faino ti. So ten unha contraindicación: FALARÁS GALEGO.

ENTREVISTA A XELA ARIAS

As rapazas de 6º A viaxaron no tempo, a finais dos 80, para entrevistar case que en directo a Xela Arias e co material que sacaron, elaboraron esta fermosa "Entrevista Literaria".

 

L. GALEGAS 2021. TRUQUE MATRUQUE. "UNHA TERRA CHEA DE..."

TRUQUE MATRUQUE (Marcos Acuña) púxolle música aos contos. Ofreceunos hoxe o seu espectáculo "Unha Terra chea de..." en tres sesións, no exterior. Deste xeito rematan as actividades da Semana das Letras Galegas 2021.

Namentras un pobo cante na súa lingua esta permanecerá viva.

L. GALEGAS 2021: MARATÓN POÉTICO EN RADIO SEQUELO

 Como xa sabedes no cole temos unha estación de radio, Radio Sequelo. Este ano, debido á situación de pandemia que estamos a vivir non puido prodigarse moito nas súas emisións. Aproveitando a Semana das Letras Galegas quixemos poñer nas "ondas" un novo programa, o "Maratón Poético" . Nenos e nenas de todos os cursos irán pasando pola radio para gravar a lectura dun poema de Xela Arias e doutros/outras poetas. Proximamente anunciaremos a súa emisión dixital. Esperamos que vos guste.Alumnos de 2º en Radio Sequelo

LETRAS GALEGAS-2021. DIVERTIDA SESIÓN DE CONTOS CON BENXAMÍN MÍGUEZ

Na SEMANA DAS LETRAS GALEGAS hoxe os alumnos de 1º, 2º, 3º e 4º pasámolo estupendamente escoitando os contos que nos trouxo Benxamín Míguez. Entre outras, ofreceunos a verdadeira historia do Ratiño Pérez. Ademais, tamén ilustrou "en vivo e en directo" estas historias cuns debuxos ben simpáticos, e mesmo algúns tiveron a sorte de que os retratase no mural.

XXV CERTAME "FRANCISCO AÑÓN" DE POESÍA

Froito do Taller de Escritura Creativa, do que daremos boa conta noutras entradas, son estes poemas cos que tanta sorte, tiveron os nosos alumnos neste Certame de Poesía onde participan centros de toda Galicia.

 

 

CERTAME DE NARRACIÓN CURTA DO CONCELLO DE MARÍN

Por mor do 17 de Maio, día das Letras Galegas, o concello de Marín convoca o Certame de Relato Curto das Letras Galegas.  Entre os premiados unha ampla representación do noso colexio:

 

PROGRAMA LETRAS GALEGAS 2021

Este ano o CEP Sequelo celebra o Día das Letras Galegas organizando unha serie de actividades culturais para ensalzar a figura da poeta homenaxeada, XELA ARIAS.

Dada a situación de pandemia e o protocolo existente, as principais actividades vanse levar a cabo no exterior respectando os grupos burbulla e, por suposto, uso da máscara, distancia persoal e  hixiene de mans.

    Clicando no seguinte arquivo poderá acceder ao PROGRAMA.

Día das Letras Galegas 2021: Xela Arias

Deixamos esta recompilación con información relativa a  Xela Arias, autora á que se lle dedica este ano o Día das Letra Galegas.

Día do Libro 2021: Como cambiou o conto!

Reescribindo os clásicos. 

Este ano para conmemorar o Día do Libro, revisamos os contos clásicos e reescribímolos intentando romper cos estereotipos.

Cada clase ocupouse de reescribir un. Aquí os tedes todos recompilados, animádadevos a lelos e comprobaredes que efectivamente si que cambia o conto.

Taller de Coplas de Maio

Como tódolos anos sacamos adiante o noso Taller de coplas de Maio de onde sacamos adiante en tódolos cursos, unha porrada delas e das que sacamos, as que logo configurarán aquela que cantaremos o primeiro de Maio en Marín.

O fondo do vídeo é moi especial:  son os nosos maiores de hai uns anos xa, cantando o que recordaban de nenos. A súa voz reforza a forza transmisora dunha celebración na que participaron coma nós os nosos devanceiros e a cadea segue intacta

 

Cantamos os maios (I)

Malia todalas complicacións e dificultades que supuxo a pandemia, e que somos conscientes que facelo fóra do día 1, é un mísero remendo do que ten que ser, non podiamos pasar sen cantar e tan ben como o fixeron os nenos de 6º A

Os nosos armazóns

Foi unha mágoa, que non puidesemos cumprir coa tradición, e saír cantar o día Primeiro de Maio a Marín, que ese é e non outra a verdadeira TRADICIÓN dos Maios.  Polo menos co esforzo de todos, alumnos e pais, conseguimos sacar adiante dous espectaculares armazóns e a nosa Xiana que sempre está presente

Coplas de Maio 2021

As coplas de Maio e Embarcación que presentamos ao concurso de Santa Cecilia, non son máis co compendio do potente traballo que realizaron os nenos no Obradoiro de Coplas que levamos avante en tódolos cursos.  Aqui aparecen recollidas estrofas das coplas dos alumnos de 6º

Embarcación Xiana 2021

Moito valor había que ter para sen ensaiar facer viable a copla que presentamos ao concurso de Maios este ano. Fixeron máis coplas de barco e tiñan que amosar que eran cantables, a partir da melodía da Carroza triunfal que saíu en 1954.

FAI A TÚA COPLA de BARCO

Para elaborar este ano a copla do barco imos elixir a MELODÍA que no ano 1954 sacou no día da Ascensión (o 15 de Maio) a única carroza triunfal que saíu pola vila ese día, querendo revivir un vello costume onde os maios saían ás rúas tamen ese día.

A súa estructura esta formada por un RETROUSO de dúas estrofas de 4 versos que se repite intercalada entre as outras tres estrofas do corpo da copla

RETROUSO

1º verso:7 sílabas

2º verso: 7 sílabas

3º verso:  6 sílabas

4º verso: 6 sílabas

Riman os versos pares e os impares van libres.

5º verso: 7 sílabas

6º verso: 5+1 sílabas

7º verso: 7 sílabas

8º verso: 7+1 sílabas

Riman os versos pares e os impares van libres.

CORPO DA COPLA

Esta composto por 8 versos de 8 sílabas nos impares que van libres e de 7+1 nos pares que riman entre eles con este esquema -a-a-a-a ou -a-a-b-b

Lembra que a estructura tématica é identica á do ano pasado.

1.Presentación da embarcación

2. O corpo da copla: relato da vida mariñeira do momento, o seu traballo...

3. A embarcación despídese

Maquetas de Maio

O ano pasado fomos quen de facelo, este ano seguro que tamén. Participa connosco na elaboración dunha pequena maqueta dun maio.  Cando a teñas rematada, entrégalla ao teu titor e poderala ver exposta na semana do 1º de Maio no Museo Torres. Aquí tedes exemplos do que se fixo o ano pasado

O banco da Igualdade

Xa temos no colexio o banco que  O Concello nos decorou co lema creado por Antía Cordal García, con motivo do Día Internacional da Muller.

Distribuir contido

PDI 2024-2025: Galicia polo mundo

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2023-2024

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.