Complementarias
Levántate Maio...2020
Enviado por inesduran o Xov, 23/04/2020 - 11:37LEVÁNTATE MAIO...
CEP SEQUELO
MARÍN 2020.
Este ano non nos cadra ben o de ir buscar fiuncho ou flores,
por iso aquí tendes un recurso adaptado á corentena.
Faremos cada un o noso Maio na casa.
Podedes mandar unha foto cando o rematedes, e as colgaremos nestas páxinas.
Non esquezades poñer o voso nome.
Quedarían xenial pegados nas ventás.
Día 1 de Maio
Animádevos
Feira de Nadal
Enviado por Anónimo o Lun, 16/12/2019 - 22:20Como xa ben sendo tradicional por estas datas, celebrouse a Feira de Nadal organizada polas ANPAS do noso concello na alameda de Marín. Estivo moi animada durante toda a tarde do pasado venres, coa presenza de Papá Noel, obradoiros navideños e degustación de chocolate. A ANPA AIDÓN do CEP Sequelo tamén estivo presente. Mirade que mesa máis chula montamos!
Espectáculo de música e teatro en Afundación: "A nena e o grilo máis aló".
Enviado por Anónimo o Dom, 08/12/2019 - 14:20Fotos festival de fin de curso e graduación CEP Sequelo 2018/2019
Enviado por Anónimo o Mar, 25/06/2019 - 19:57Bo día a tod@s:
Xa temos listas e recen saídas do forno as fotos da festa de fin de curso, debido ao número e peso das fotos é imposible subilas aquí, así que para que poidades ollalas e descargar as que queirades sen ningún problema, pareceunos axeitado subilas a Google Drive.
Aquí abaixo deixámosvos tres ligazóns as que podedes ir para mirar e descargar as fotos, o proceso e moi sinxelo, só tedes que facer click na ligazón e iredes a un álbum onde se atopan as fotos, unha vez aí se queredes podedes descargar o álbum completo ou só as fotos que vos interesen.
Grazas e bo verán a tod@s.
Álbum de fotos da festa previa o festival nas distintas aulas do colexio:
https://photos.app.goo.gl/FDhb92LU2H2xam4B6 (11 fotos)
Álbum de fotos do festival:
https://photos.app.goo.gl/XqGTfKrkhDmLfKQF6 (208 fotos)
Álbum de fotos dos graduados deste curso 2018/2019:
https://photos.app.goo.gl/wjCFEHd95F2pf9Dm9 (71 fotos)
Panxoliñas no EEI O Grupo
Enviado por inesduran o Lun, 17/12/2018 - 19:34CHEGOU O NADAL
Panxoliñas no EEI O Grupo
O coro de panxoliñas do noso colexio
achegouse ao centro de infantil O Grupo
para compartir unhas panxoliñas cos máis pequenos
Aquí tendes un recordo do xoves 13 de decembro.
Xadrez no Sequelo
Enviado por xose o Xov, 18/10/2018 - 15:55Hoxe xogamos ao xadrez. Foi na hora do recreo. Viñeron Miguel e Víctor, dous monitores do Club de Xadrez de Marín xogar unhas partidas simultáneas, e axudounos o profe Xosé.
Puxemos 15 mesas e taboleiros no patio. Fomos xogar dous nenos/as de cada aula e algúns xogadores de axudantes. Escollemos aos seguintes, que xa saben xogar algo:
1º curso: Raúl e Roi, e axudante Gabriel
2º curso: Antón e Abel, e de axudantes Marcos e Aylen.
3º A: Manuel e Dani / Marcos, Pablo e José Antonio.
3º B: Iván e Pablo / Yesika e Xián.
4º A: Breixo e Gonzalo / Marcela e Rodrigo.
4º B: Breixo e Dani / Roi, Xoel, Sara, Roberto, Rubén e Breixo.
5º A: Darío e Diego / Bryan, Pablo, Noel e Xan.
5º B: Álex e Óscar / Yago e Ángel.
6º A: Nicole e Anás / Fabio, Brais, Gael e Martín.
6º B: Adrián e Marta / Miriam e Pedro.
As partidas estiveron moi disputadas, nalgunhas ganaron os profes e noutras ganamos nós. E como o tempo do recreo non nos chegou aínda botamos media hora máis. Pasámolo moi ben!
Cantando Panxoliñas ...
Enviado por inesduran o Dom, 31/12/2017 - 00:26
Cantando panxoliñas na
Residencia de Maiores
Repuxemos forzas cunha chocolatada
Logo compartimos máis panxoliñas
cos compañeiros do IES Illa de Tambo
MOITAS GRAZAS
Fai click na imaxe para continuar a visita
Na EEI O GRUPO por Nadal
Enviado por inesduran o Sáb, 16/12/2017 - 22:52EDUCACIÓN VIAL 2017
Enviado por Anónimo o Ven, 17/11/2017 - 13:25O 16-11-17 un ciclista coñecido de Marín veu a explicarnos educación vial. Explicounos as sinais de tráfico, había moitas, tamén nos contou como ir en bicicleta, dixo que cando vamos en bicicleta somos un vehículo mais e temos que respetar as normas, ademais así non contaminamos.
Dicíanos que pola noite sempre levásemos un chaleco, timbre, luces, que nos puxésemos roupa cómoda e levasemos casco para previr golpes. Cando van en estrada a distancia entre o ciclista e o coche ten que ser de 1,5 m obrigatoriamente se non poderianlles poñer unha multa.
Amosounos que había dous tipos de bicicletas: as normais e as de contrarreloxo: que levan un circulo na roda para que fora máis aerodinámico e correse máis.
No grupo do ciclista hai persoas de varios países e explicounos que ten que aprender un pouco de cada idioma, pero comunícanse case sempre por un idioma só.
Estivo moi ben e aprendimos moitas cousas.
Raúl González - Iago Garrido
FESTIVAL DE FIN DE CURSO (IV)
Enviado por josean o Lun, 24/06/2013 - 20:49E xa para rematar cos videos, este remix de 6º B.
FESTIVAL DE FIN DE CURSO (III)
Enviado por josean o Lun, 24/06/2013 - 20:45De bailar non pararon toda a mañá os rapaces e rapazas do Sequelo, agora o Limbo os de 6º A
FESTIVAL DE FIN DE CURSO (II)
Enviado por josean o Lun, 24/06/2013 - 18:10Sen dúbida algunha a canción do 2013 polo menos para os rapaces. Aquí tedes a coreografía de 5º B
SAÍDA DIDACTICA AO LAGO DE CASTIÑEIRAS
Enviado por josean o Xov, 21/06/2012 - 19:57Os nenos do primeiro Ciclo saíron a coñecer o su entorno natural mais cercano tanto no que se refire no aspecto natural como histórico, en con tal fin visitaron o Lago de Castiñeiras onde nace o río que pasa a rentes do noso colexio. Alí ademais de coñecer de primeira man a riqueza natural da paraxe, visitamos a nosa riqueza arqueolóxica; os nenos ficaron extasiados diante da presenza dunhas construcións (como lle explicaron os monitores) mais antiguas cas propias pirámides de Exipto e que os nosos mais antiguos devanceiros construiron para soterrar aos seus mortos.
NADAL 2011 CEP SEQUELO
Enviado por josean o Lun, 19/12/2011 - 22:10E se primeiro foi a programación cultural do Concello de Pontevedra, logo o do noso pobo, desta vez toca o do noso colexio e neste pequeno programa de man, con postal de Nadal engadida coa que queremos felicitar ás familias de todos os que compoñemos a Comunidade escolar do CEP Sequelo, detallamos as actividades que imos realizar nestes días