DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA
21 de Marzo "Día da Poesía" e nos escomenzamos ronseis que nos levarán cara a Díaz Castro, ronsel a ronsel. E para o primeiro, convidamos a aquela persoa que todos os marinenses elixiron para que os representase, a nosa alcaldesa María Ramallo. A cousa foi un pouco a correr pero resultou, nin sabía o poema que lle tiñamos preparado, mais por ser o primeiro coidamos que debía ser sobre a nosa vila e xa hai tempo que topamos este marabilloso ronsel co que Celso Emilio Ferreiro gañou os II Xogos Florais da AC Santa Cecilia "Vivir non é preciso , navegar si".
Levamos anos cun Obradoiro de Poesía e que mellor ca este día para amosar os productos do mesmo. Aquí tedes un par deles que presentaremos como o ano pasado ao Concurso Literario Añon Paz de Serra de Outes onde a rapaza foi finalista.
E outro poema de autor máis:
Enviar un comentario novo