Responder ó comentario
Travesía naútica xacobea
Enviado por Menchi o Mar, 21/06/2022 - 17:07Os nenos /as de 4º atopamos o único simbolo do camiño que hai en Marín, fixádevos ben na foto:
Este símbolo representa que o porto de Marín é un porto xacobeo. Isto quere decir que ainda co camiño tradicionalmente facíase a pé ou a cabalo, na actualidade pódese facer camiñando, en bici ou navegando a vela.
Falamos co porto de Marín para saber máis dixéronnos que as embarcacións que fagan a ruta marítima a Santiago podan solicitar escala nestes portos, o de Marín ten competencias sobre a lámina de auga de todala Ría de Pontevedra, de ahí a súa relación coas peregrinacións xacobeas.
Iso si teñen que facer 100 millas naúticas e continuar o camiño dende o último porto camiñando.