Responder ó comentario
Adentrámonos no mundo do cine con Chaplin
Enviado por josean o Xov, 09/04/2020 - 06:33Ata agora todalas mostras de cine que vos deixamos na paxina web mesturaban imaxe e voz, pero tamén é posible crear cine só con imaxe. Ao principio o cine era así e artistas como Charles Chaplin crearon un xénero coñecido polo slapstick e que se caracterizaba pola mímica, pola acrobacia e por un ritmo frenético. Os actores como neste "The Adventurer" están continuamente a piques do accidente, do golpe, do tartazo. A persecución e a axitación son os seus estados naturais.
ES QUEN DE FACER ALGO PARECIDO COA TÉCNICA DO STOP MOTION?. O ACTOR PODES SER TI OU FACER QUE PARTICIPEN OS TEUS IRMÁNS.