Responder ó comentario
IX Semana Matemática Mestre Landín. Concurso de Eulerías.
Enviado por Miguel o Xov, 22/06/2017 - 20:08Dentro da IX Semana Matemática do IES Mestre Landín, tivemos varios participantes do noso colexio no concurso de Eulerías. Acaban de coñecerse os premiados e temos que felicitar de novo a un alumno noso de 5ºA de primaria, Carlos de la Torre Aboal, que resultou gañador na categoría de primaria entre todos os centros de Marín. Parabéns e a seguir traballando.