blogue deMiguel
Visita dos alumnos de 5º e 6º de Primaria do CEP Sequelo ao Museo Marco de Vigo.
Enviado por Miguel o Lun, 19/03/2012 - 00:03
Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria do CEP Sequelo visitaron o Museo Marco de Vigo. A exposición 'Presenza Activa. Acción,obxecto e público'. Aquí tendes algunhas imaxes do que puideron disfrutar.
'Presenza Activa':
A acción e a instalación, como disciplinas artísticas, son espello unha da outra. De feito, ambas as dúas están baseadas no mesmo principio de presenza; de presenza activa. Na performance, a presenza do artista; na instalación, a do espectador. Así, reflectidas unha na outra, instalación e acción toman direccións opostas pero superpostas, creando un eixe entre dous polos —o artista e o espectador— ao longo do cal existen infinitas posibilidades de interacción.
Gonzalo Moure visita o CEP Sequelo.
Enviado por Miguel o Mér, 08/02/2012 - 22:28Hoxe, 8 de febreiro tivemos o enorme pracer de difrutar da visita do escritor Gonzalo Moure.É un autor adicado á literatura xuvenil, campo no que gañou premios tan importantes como 'el Gran Angular', 'el Ala Delta','el Primavera' ou 'el Barco de Vapor', entre outros. Antes de adicarse por completo à escritura, Moure traballou tamén como xornalista, guionista e publicista. A súa obra é coñecida pola atención que presta aos problemas de tipo social e tamén á relación entre pais e adolescentes. No CEP Sequelo, os nenos e nenas de 5º de primaria leron 'Os cabalos do meu tío' e os alumnos e alumnas de 6º de primaria 'Los caballos de mi tío'. Ten obras tan recoñecidas como: 'Palabras de caramelo,Lili libertad,Nacho Chichones, El oso que leía niños, Geranium 2204,El mejor amigo del perro', etc.
Na oficina de obxectos perdidos.
Enviado por Miguel o Sáb, 04/02/2012 - 12:40Curto realizado por alumnos de IES O Mosteirón, baseado nun texto de Sechu Sende publicado en: "Made in Galiza".
Eu falo galego porque...
Enviado por Miguel o Xov, 01/12/2011 - 21:48Vídeo gañador do concurso de vídeo Correlingua 2011. Do IES Fontem Albei da Fonsagrada (Lugo).
Día das Letras Galegas: Lois Pereiro
Enviado por Miguel o Mar, 17/05/2011 - 10:08Lois Pereiro naceu en Monforte de Lemos no ano 1958. Con dezasete anos marchou a Madrid para continuar os seus estudos e alí fundou, xunto con Antón Patiño, Xosé Manuel Pereiro e Manuel Rivas, a revista Loia, que só coñecería catro números (o último de 1978).
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9