Contos dende a casa
Contos dende a casa (30): Sabela Núñez Singala
Enviado por josean o Mar, 31/03/2020 - 17:41Como cada día unha persoa vencellada a nosa cultura quixo estar connosco amosando o mellor de si mesmo, hoxe é Sabela Núñez Singala, a autora dun libro que limos haberá dous ou tres aniños no cole. Sabela esta vez escolleu esta súa narración que ten por nome "Dous elevado a once", cuxos beneficios van destinados a dotar de libros a nenos coma vos con moitas menos posibilidade e que viven nun campamento do Sahara Occidental.
A Sabela teño entendido que lle gustan as Matemáticas e a vos? Quen é quen de dicir cantas palabras son 2 elevado a 11 palabras coas que conta a narración?
Contos dende a casa (29): Gatiño e a neve
Enviado por josean o Lun, 30/03/2020 - 17:14Xa case que nos mandaron 30 contos dende a casa. A ver quen é quen de redondear a cifra, o número 29 é o que nos deixa Roberto Armada de 5º.
Contos dende a casa (27): Lolo anda en bicicleta
Enviado por josean o Dom, 29/03/2020 - 17:22Roi Rodiño Fraguas de 5º uniuse a todos aqueles que nestes días nos están contando contos dende as súas casas; para tal fin el elixiu este "Lolo anda en bicicleta".
Contos dende a casa (26): A lúa de Xoan
Enviado por josean o Sáb, 28/03/2020 - 09:30Elva Pintos Omil de 5º escolle esta Lúa mariñeira de Xoán para compartir con todos vós, moi repantingada dende o salón da súa casa.
Contos dende a casa (25): Tonino
Enviado por josean o Ven, 27/03/2020 - 19:15El é un pingüín e chámase Tonino: chaqueta con faldróns, pico laranxa e ollos de botón, regordecho e zoupón.
Tanto lle ten ao noso pingüiniño o que pensen familia e máis veciños. El soña con marchar para o deserto; é o único certo.
Esta é a historia que nos trae dende a súa casa Martin de 5ºB
Contos dende a casa (24): Inara de 2º curso "Cuentos bonitos para quedarse fritos"
Enviado por Anónimo o Ven, 27/03/2020 - 13:13Hoxe chegounos un conto de Inara de 2º curso que nos le "Cuentos bonitos para quedarse fritos".
Contos dende a casa (23): Andrea Nunes Brións
Enviado por josean o Ven, 27/03/2020 - 11:35Os e as poetas da vila, que os hai, e do mellorciño de Galicia quixeron estar connosco. E aínda que nunca fixeran incursións no eido infantil prestáronse coma neste caso Andrea a lerlle un conto aos nenos.
Activista política, feminista, poeta, cosmopolita e ao mesmo tempo moi galega. A obra de Andrea céntrase no xénero poético, está escrita na súa maior parte en lingua galega e é de carácter marcadamente feminista. Colabora de maneira activa en publicacións e proxectos relacionados co xénero e a lingua. Pertence ao grupo As Candongas do Quirombo co que ten elaborado varios videodocumentais. O seu primeiro poemario Corrente do esquecemento apareceu en 2007.
Andrea Nunes Brións - Orellas de Bolboreta from JOSEAN PAZOS on Vimeo.
Contos dende a casa (22): Iria Alfonso de 4ºA "Escarlatina a cociñeira defunta"
Enviado por Anónimo o Xov, 26/03/2020 - 19:04Iria de 4ºA le un fragmento do libro de Ledicia Costas titulado "Escarlatina a cociñeira defunta".
Contos dende a casa (21): Rubén Argibay de 5ºB "La casa Embrujada"
Enviado por Anónimo o Xov, 26/03/2020 - 18:51Aquí temos outro conto máis, Rubén de 5ºB que nos le un fragmento de "La casa embrujada".
Contos dende a casa (20): Iria Argibay de 3º "Caperucita Roja"
Enviado por Anónimo o Xov, 26/03/2020 - 13:08Este é o conto que Iria de 3º curso nos envía "Caperucita Roja". E xa levamos 20. Moi ben!!"
Contos dende a casa (19): O Papaventos Viaxeiro
Enviado por josean o Xov, 26/03/2020 - 09:40Dende moi, moi lonxe, nunha aldea perdida (que sorte ten) de Ponteareas, en pleno contacto coa natureza, Breixo Vidal de 5º traenos este conto do Papaventos Viaxeiro.
Contos dende a casa (18): Lara Touza de 4ºA "Garavanciño"
Enviado por Anónimo o Mér, 25/03/2020 - 17:17Chegou o conto de Lara de 4ºA, ela e a súa irmá están desfrutando da lectura de "Garavanciño".
Contos dende a casa (17): A mellor sopa do mundo
Enviado por josean o Mér, 25/03/2020 - 11:47E outro máis e xa van 17 contos contados en vídeo dende as nosas casas. Desta vez é a quenda de Sara Fernández Blanco e a "Mellor sopa do mundo". A comer ben de todo un pouquirrichiño.
Contos dende a casa (16): Sabela Casqueiro de 2º "O can e as lebres"
Enviado por Anónimo o Mar, 24/03/2020 - 19:14Chéganos outro conto, esta vez de Sabela de 2º curso, que nos le "O can e a lebre".
Contos dende a casa (15): Breixo Casqueiro de 5ºA "O príncipe desmemoriado"
Enviado por Anónimo o Mar, 24/03/2020 - 12:16Seguen a chegar novos contos, esta vez Breixo Casqueiro de 5ºA que nos le "O príncipe desmemoriado".
Contos dende a casa (14): A lebre e a tartaruga
Enviado por josean o Mar, 24/03/2020 - 11:53Outra alumna máis que se anima a mandarnos un contiño dende a casa, Irene Estévez Pazos, que se atreve coas fábulas de Esopo.
Contos dende a casa (13): Paco Nogueiras Nodar
Enviado por josean o Lun, 23/03/2020 - 11:55Quen nos colexios de primaria non coñece a Paco Nogueiras Nodar e o seu disco Brinca Vai? Hoxe manda un saúdo para toda a nosa Comunidade escolar.
Músico e actor. Foi actor e percusionista de Els Comediants e Os Quinquilláns. Na actualidade forma parte da Orquestra Os Modernos, da compañía Os Tres TENedORES e da Campaña de Animación á Lectura de KALANDRAKA. Participou en formacións de música tradicional e foi creador da banda sonora de varios espectáculos teatrais, musicais, de danza e dunha serie infantil da TVG. Ten colaborado con Ophiusa e co proxecto Apego.
Moitas grazas de corazón, Paco.
Contos desde a casa (12): Iker Crespo de 5ºA "Estás como unha cabra!"
Enviado por Anónimo o Lun, 23/03/2020 - 11:26Moi ben nenos e nenas! Seguimos recibindo os vosos contos. Esta vez o de Iker de 5ºA, que nos le un fragmento do libro "Estás como unha cabra!".
Contos dende a casa (11): Titiricircus
Enviado por josean o Lun, 23/03/2020 - 09:29Onte día do Circo, Breixo Sanjorge Boullosa mandounos algo moi axeitado para o día.