Música
Pita cega (Música - Ed. Física)
Enviado por Anónimo o Lun, 01/06/2020 - 10:55Comezamos a semana e comezamos xuño!!!
Esta fin de semana chegaron moitos “xogos cantados”, pero estamos seguras de que quedan moitos máis por descubrir… esperamos que nos enviedes todos os que coñezades ou vos poidan ensinar, as fichas de recollida poden vir acompañadas por vídeos ou gravacións de voz.
Aitor propón que hoxe xoguemos a “galiña cega”, un xogo onde precisamos moito sentido da orientación, oído, tacto,… podemos practicalo en calquera lugar, só precisamos un pano para tapar os ollos, moitas ganas de divertirnos e compañeiros/as para xogar, non vos esquezades de retirar obxectos cos que poidades tropezar.
Encontrei este vídeo para acompañar a explicación de Aitor.
#euficonacasa
#euquedonacasa
Roda roda (Música e Ed. Física)
Enviado por Anónimo o Mér, 27/05/2020 - 22:46Xa me chegou o primeiro xogo cantado, é de Pedro e de Daniel, eu non coñecía a “Roda roda” e vos?
Tamén nos envían un exemplo de execución.
Está xenial!!!! un xogo novo para comezar as recollida de "xogos cantados".
Esperamos as vosas entrevistas, vídeos, explicacións,....
#euficonacasa
#euquedonacasa
Xogos+cancións (Ed Física + Música)
Enviado por Anónimo o Mar, 26/05/2020 - 23:11
Xogo de palmas
Xogo con canción
Botar a sortes
Educación Física e Música: Xogos populares con cancións
Enviado por Anónimo o Ven, 22/05/2020 - 12:19Escoitade a pista musical: Recoñecedes a canción? Como xogamos con esta canción? Recordades o título?... contestade e mandade as respostas escribindo o voso nome e curso.
Música dende a casa (37): Aixa Vilas de 5º A interpreta "Habanera de Carmen"
Enviado por Anónimo o Xov, 21/05/2020 - 21:57Seguro que clicando nos enlaces o atopades, e tamén aprendedes un pouco máis do compositor Bizet e a súa obra.
Música dende a casa (36): 2020 Ano dedicado a Beethoven
Enviado por Anónimo o Ven, 08/05/2020 - 11:33Déixovos este mural interactivo por se queredes saber algo máis da súa música e a súa vida. Un pouco de cultura musical para pasar un rato relaxados, que podedes compartir toda a familia.
Os maios 2020: Recompilación de actividades relacionadas cos maios.
Enviado por Anónimo o Lun, 04/05/2020 - 11:22Música dende a casa (33): Coplas de Pedro de 4ºB
Enviado por Anónimo o Ven, 01/05/2020 - 16:30Música dende a casa (32): Versión do poema "O maio" promovida polo Consello da Cultura Galega.
Enviado por Anónimo o Ven, 01/05/2020 - 11:15“O maio” é un poema moi coñecido de Curros Enríquez que se insire do seu poemario “Aires da miña terra”, que cumpre no mes de xuño 140 anos da súa primeira edición. Estas peza xa forma parte do imaxinario popular grazas á versión musical que fixo Luís Emilio Batallán en 1975, á que agora sumamos estoutra proposta actualizada.
Versión de Luis Emilio Batallán
Música dende a casa (31): Coplas de Aixa de 5ºA
Enviado por Anónimo o Xov, 30/04/2020 - 21:18Música dende a casa (30): Coplas de Ariadna (6ºB) e Diego (4ºB)
Enviado por Anónimo o Mar, 28/04/2020 - 12:27Moitas grazas por alegrarnos con estas coplas e coa vosa interpretación! Noraboa! Moi ben feito!