4º Primaria

Intercambio de postais

Este ano os nenos e nenas de Infantil e Primeiro de Primaria elaboraron unhas postais moi chulas para felicitar o Nadal aos compañeiros e compañeiras da Escola Infantil O Grupo. A súa vez os alumnos e alumnas de 3º e 4º comezaron un intercambio de postais cos nenos e nenas de 3º do CEIP Plurilingüe do Carballal. Escribíronlle mensaxes tanto en Galego como en Inglés. 

Elaboralas foi moi divertido, pero recibir unha postal de parte dos outros nenos e nenas fíxonos moita ilusión!

 

Nadal no Sequelo

Onte no CEIP Sequelo tivemos unha morea de cousas. Comezamos a mañá escoitando panxoliñas da man da profe Inés e moitos dos nenos e nenas do cole. Ao rematar, puidemos coñecer aos finalistas e gañadores e gañadoras do concurso de postais que dende o cole facemos cada ano.

Na hora do patio, tivemos unha sorpresa...Chegou Papá Noel! Os nenos e nenas de Infantil e primeiro non dubidaron en entregarlles a súa carta. Logo de xogar un pouquiño no patio, chegaron as actuacións! Os diferentes cursos foron cantando e interpretando cancións de nadal tanto en galego, coa axuda da profe Montse, como en inglés, coa axuda da Teacher María. Xusto cando estabamos rematando, tivemos outra sorpresa...Apareceu o apalpador! Os nenos e nenas de terceiro puideron darlles uns debuxos moi bonitos que eles e elas mesmas lle fixeron. Por último, para rematar o día de festa, a ANPA preparounos chocolate con churros moi delicioso. Que sorte tivemos!

 

Para que vexades un pouquiño da mañá deixámosvos dous vídeos: un cheo de imaxes e outro con algunhas panxoliñas e actuacións da mañá para que nos escoitedes entoar as nosas voces e  vexades como movemos o esqueleto. 

 

 

Ao longo deste mes, tamén desfrutamos do tren de Nadal do Concello que nos levou polas rúas de Marín para ver que chulas e navideñas están. No vídeo tendes algunha fotiño!

 

 

 

Por último, este ano o noso cole cumpliu 50 anos! Por iso fixemos unha tarta moi grande, decoramos unhas velas moi chulas e pegámosllas. Por suposto, cantámoslle cumpleanos feliz. Parabéns CEIP Sequelo!

 

 

 

 

Moitas gracias á ANPA por decorar o cole tan chulo de nadal, por eses churros con chocolate tan ricos e por toda a súa implicación!

Tamén agradecer a Papá Noel e ao apalpador por vir un ratiño ao noso cole e poder vivir un momento máxico cheo de ilusión! 

 

BO NADAL!

Traballamos algoritmos

Compute it é un xogo online con diferentes niveiss que van aumentando a dificultade gradualmente, nos cuales hai que deducir e aplicar os movementos que o algoritmo amosa. 

A través del traballamos con instrucións de movemento, repetición, sentencias condicionais e funcións. LINGUAXE COMPUTACIONAL.

25N no CEIP Sequelo

Onte foi 25 de novembro, Día Internacional da eliminación da Violencia contra a muller. A pesar de ser un tema que traballamos día a día na aula, o venres quixemos darlle un pouco máis de visibilidade e amosar que todos e todas estamos totalmente en contra con este tipo de accións. 

Dende hai uns días, estivemos preparando nas clases carteis con lemas en contra desta violencia e a favor das mulleres e o respecto que temos por todas e cada unha delas. 

Para facer máis visible o noso traballo e o noso desacordo coa violencia contra as mulleres, saímos do centro educativo e manifestámonos por toda a beira do río Lameira. Na volta ao centro deixamos colgados os nosos carteis ao redor do colexio para que cada persoa que pase poida lelos. 

 

 

 

Ao chegar ao centro, Tania de 6º de Educación Primaria leunos un manifesto, deixando claro que no CEIP Sequelo berramos todas xuntas: Eu por ti e ti por min!

 

 

Por último, os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de EP, xunto coa profe Montse, versionaron en galego a canción de “Ni una más” de Aitana e mostráronola a todos e todas. 

 


 

Hoxe e cada día do ano: NIN UNHA MÁIS

Fútbol para dous xogadores

Xogo con programación de códigos reelaborado polos alumnos de 5º

 

Ciencia e Circo

"A Gran Aventura do Corpo Humano"

Vigo acolle unha exposición interactiva

sobre o corpo humano.

Os cursos de 3º e 4º disfrutaron dunha xornada de ciencia

experimentando e divertíndose ao mesmo tempo.

Remataron a visita á exposición interactiva cunha representación no

Circo de Nadal.

 Órganos xigantes do corpo humano

para ver e tocar.

 

4º primaria

Remata o curso e déixovos un resumo con algunhas das actividades que fixemos. Agora toca descansar, Feliz Verán !!!

Travesía naútica xacobea

Os nenos /as de 4º atopamos  o único simbolo do camiño que hai en Marín, fixádevos ben na foto:

 Este símbolo representa que o porto de Marín é un porto xacobeo. Isto quere decir que ainda co camiño tradicionalmente facíase a pé ou a cabalo, na actualidade pódese facer camiñando, en bici ou navegando a vela.

 Falamos co porto de Marín para saber máis dixéronnos que as embarcacións que fagan a ruta marítima a Santiago podan solicitar escala nestes portos, o de Marín ten competencias sobre a lámina de auga de todala Ría de Pontevedra, de ahí a súa relación coas peregrinacións xacobeas.

  Iso si teñen que facer 100 millas naúticas e continuar o camiño dende o último porto camiñando.

 

Camiño portugués de Tui a Porriño

O camiño portugués en Galicia comeza en Tui, e a primeira etapa chega ata Porriño, os nenos-as de 4º investigamos sobre esta primeira etapa que resumimos nun vídeo que esperamos que vos guste.

 

 

 

Entrevista a Carolina Neira

Os nenos/as de 4º  entrevistaron a Carolina Neira, xefa de prensa do Concello de Marín

 

Prensa Escrita

 Como ben sabedes este curso, dende o centro, estamos levando acabo o PDI inventos que cambiaron o mundo, a 4º curso corrrespondeulle investigar sobre a prensa escrita, a continuación deixovos un resumo deste traballo. Espero que vos guste.

O Maio de 4º de primaria

Os nenos/as de cuarto escribimos o noso maio para celebrar esta festa; a continuación, deíxovos unha imaxe interactiva onde se clicades enriba podedes ver a letra do maio, as fotos ou os videos dos nenos/as cantando. Uns artistas!!!

Rosalía de Castro polos nenos/as de 4º

Os nenos/as de 4º fíxemos unha pequena  biografía sobre a vida de Rosalía de Castro; esperemos que vos guste.

 

O Vila De Pitanxo

Os nenos de 4º quixeron mandar  unha marea de mensaxes en apoio as familias do Vila de Pitanxo. Dende o centro todo o noso apoio as familias as que queremos homenaxear coas mensaxes dos nenos/as.

Os usos da Roda

No primeiro trimestre e dentro do PDI inventos que cambiaron o mundo, os nenos/as de cuarto tocounos investigar sobre o usos da roda. 

IRIA (4º). TORTA DE CASTAÑAS

Iria preséntanos con moito aplomo e serenidade a súa fantástica torta de castañas. Noraboa polo teu traballo e grazas por compartilo.

LISTAXE DE MATERIAL 4º CURSO DE PRIMARIA

Boas familias e nenos/as! Benvidos a este novo curso escolar! 

Son a mestra de 4º curso, Andrea. Déixovos aquí a listaxe de material para o curso 2020/2021.

Un saúdo! 

Despedida de 4º de primaria

     Chegamos ao final e soamente queda facer as recomendacións do verán: como cada curso recomendamos que repasen un pouco no verán xa sexa cun caderno de vacacións ou como fixemos nos últimos meses mediante fichas interactivas, as profesoras non imos recomendar ningún caderno específico o que si recomendamos e que descarguedes unha aplicación do tipo de mecanet para aprender a escribir co teclado empregando tódolos dedos, non debedes estar máis de dez a quince minutos ao día, pero tedes que traballalo tódolos días; trátase de que cando cheguedes a 5º curso saibades escribir ben co teclado porque ides traballar co libro dixital e saber escribir ben co teclado facilitavos o traballo. As profesoras queremos agradecervos a vosa colaboración e dexesarvos un feliz verán. Deixámosvos os videos de despedida dos nenos.

                                                           FELIZ VERÁN!!!!

 

Tarefa 4º primaria semana do 15 ao 18 de xuño

Bos días queridos/as  alumnos e alumnas:

Xa estamos na derradeira semana de curso e, polo tanto, a piques de desfrutar do tempo de lecer que ben merecido o tedes. Tempo para compartir coa familia, realizar actividades ao aire libre, ir  á praia etc.

Pero, aínda vos queremos pedir un último esforzo, que gravedes un vídeo de despedida, xa que non o podemos facer como nos gustaría, todos xuntiños no cole cunha gran aperta.

Nesta gravación  queremos que nos expresedes as emocións vividas ao longo do curso, algún rato inolvidable que queirades compartir cos vosos compañeiros/as , o que lle pedides ao próximo curso… en definitiva, o que vos apeteza compartir con todos nós.

Tarefa

     Gravar un vídeo :

-         

Duración máxima : un minuto.

-         

Gravación en horizontal

Envialo ao correo das titoras .

Nesta ocasión, gustaríanos  contar coa colaboración de todos vós. O prazo de entrega é o xoves 18 de xuño.

VIDEOCONFERENCIAS:

Luns 15 ás 11:30h. 4º B coa profesora Menchi

Xoves 18 ás 10:00h. 4º A coa profesora Loli

                 Ás 11:30 h. 4º B coa profesora Menchi

Distribuir contido

PDI 2024-2025: Galicia polo mundo

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2023-2024

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.