Aprendo Programando
ScratchNoel chegou
Enviado por josean o Mér, 05/12/2018 - 18:45Coa axuda de Enrigue García de 6º un grupo de 3º elaborou esta curiosa postal onde Scratch realizara varias accións se lle axudades pulsando a catro teclas do cursor, a do espazo ou o S.
O RoubaNadal
Enviado por josean o Mér, 05/12/2018 - 18:30Baixo a supervisión de Tomás Guerreiro de 6º B outro grupo de 1º realizou estoutra "antipostal de Nadal".
Pilláronme
Enviado por josean o Mér, 05/12/2018 - 18:00Un grupo de 1º baixo a supervisión de Lucas F. Gomis creou esta postal de Nadal. A Papá Noel pillouno o gato.
O acuario tolo
Enviado por josean o Mér, 07/11/2018 - 18:00Movementos, dialogo neste proxecto de 2º que titularon o Acuario Tolo.
Rapaz aburrido
Enviado por josean o Ven, 05/10/2018 - 17:00Javier Portabales titorizou a un grupo de 3º B para esta iniciación ao cambio de disfraces. Premede a bandeiriña para que o neno fale e ande
Move o Parque
Enviado por josean o Xov, 04/10/2018 - 17:45Un dos primeiros traballos dos nenos de 2º de primaria no taller que levou a cabo con eles Marta Pazos. Como tódolas primeiras pegadas sinxelas pero que abren camiño
Movemento
Enviado por josean o Mér, 03/10/2018 - 17:45Primeiro traballo realizado polos nenos de 1º no Taller de Scratch baixo a titoria de Miriam Montoya
II Premio no Concurso de Scratch
Enviado por josean o Lun, 25/06/2018 - 17:08Non puido ser pero estamos moi contentos co segundo posto no III Concurso do "Aprende programando" cun dos nosos grupos disque "LOS LODAZALES". Foron as nenas as que levaron o mando dun proxecto sobre a catedral de Santiago realizado coa linguaxe de programación Scratch. A asociación de centros públicos de Marín para un proxecto común non fixo outra cousa que enriquecernos a todos; o ano pasado foron os do IES Mestre Landín, este ano nós, o CEP Sequelo segundos en primaria e non me cabe dúbida que o ano que vén serán os compañeiros do CEIP Carballal.
Parabéns para os compañeiros do CPI Virxe da Cela de Monfero (Coruña) que tan bo proxecto presentaron.
Xuntanza Scratch
Enviado por josean o Mér, 30/05/2018 - 00:13Co gallo do traballo conxunto no proxecto "Aprende Programando" visitaronnos os outros dous centros que connosco forman parte do mesmo, o CEIP O Carballal e o IES Mestre Landín, para expoñer candaseu traballo
Unha aventura na Torre de Hércules
Enviado por josean o Mér, 16/05/2018 - 10:49Un dos grupos de 6º creou esta pequena animación que ten lugar na torre de Hércules
A Torre de Hércules I
Enviado por josean o Mar, 15/05/2018 - 10:49O grupo de alumnos de 6º A e 6º B coordinado por Noelia Iglesias elaborou este proxecto sobre a Torre de Hércules, para ver que é o que sabedes dela. Seguro que moito!!
A catedral
Enviado por josean o Sáb, 12/05/2018 - 15:21Para o Concurso do "Aprendo Programando" Martina, Priscila, Manuel e Leo elaboraron co Scratch este proxecto sobre a Catedral de Santiago.
Ensino da programación con Scratch e Robótica
Enviado por josean o Lun, 26/03/2018 - 12:12O alumnado de 6º ensinoulle ao alumnado de 5º a programar xogos e figuras con Scratch paso a paso.
Fíxose unha demostración do que se pode programar co Scratch.
Deixarase para outra ocasión exemplos de programación máis complexa.
FEITO
POR
Martina Pazos Iglesias/Noelia Iglesias
O río Lameiriña
Enviado por josean o Lun, 12/03/2018 - 08:36Proxecto realizado polos alumnos de 6º sobre o coidado do río Lameira
Un toque de Maxia
Enviado por josean o Xov, 15/02/2018 - 18:45Fai o que che di o gnomo e a ver que é o que pasa, os da clase de 5º A que o deseñaron sábeno. Descúbreo ti
Coma o can e o gato
Enviado por josean o Lun, 12/02/2018 - 17:27Preme no espazo para mover o can e a frecha dereita para mover o gato, neste xogo de carreiras que fixeron os de 5º B
Tópame
Enviado por josean o Sáb, 10/02/2018 - 17:27Topa á rapaza clicando enriba dela e consegue puntos neste xogo que crearon os alumnos de 5º A
Barca e Cristina
Enviado por josean o Xov, 01/02/2018 - 10:34O nome das nosas profes fai cousas raras se fas click enriba de cada letra ou na bandeira