Robótica
O alumnado de 5ºA traballando con mbot Matemáticas e Música
Enviado por Anónimo o Mér, 30/05/2018 - 21:12O alumnado de 5ºA traballando matemáticas e música con mbot, ao mesmo tempo que aprenden a programar coa app Makeblock.
O alumnado de primeiro traballando co Blue Bot
Enviado por Anónimo o Mér, 30/05/2018 - 20:45O alumnado do primeiro curso traballando o alfabeto co Blue Bot.
Reunión de Centros "Robóticos"
Enviado por josean o Mér, 30/05/2018 - 11:13Dentro das actividades programadas no Seminario de Robótica estaba o do intercambio de información e experiencias con outros centros da contorna que coma nos comezan este ano a inserar os robots como ferramentas de aprendizaxe. Así reunímonos no noso centro alumnos do IES Mestre Landín, CEIP Carballal e o Sequelo
Visita dos pais ao proxecto robótico
Enviado por josean o Mar, 29/05/2018 - 11:36Co proxecto rematado os pais de 4º visitaron o traballo que os rapaces estiveron levando a cabo. Tódolos pais estiveron moi atentos ás explicacións dos rapaces que acompañaron cunha presentación sobre o proxecto do río no que centramos no Colexio todalas nosas actividades
Táboas de multiplicar e números primos
Enviado por josean o Lun, 14/05/2018 - 10:49Coa axuda do Blu-Bot os nenos de 21 traballaron as táboas de multiplicar e os números pares. En pouco ao noso parque móbil de 1º e 2º engadiráselle varios Clementine Doc un robot de similares características ao Blu-Bot co que os nosos nenos traballaran dende as materias do curriculo
A robótica no currículo de 4º
Enviado por josean o Xov, 03/05/2018 - 10:34Os alumnos de 4º traballaron a programación dos Mbots como parte do proxecto transversal sobre "O Río Lameira", o resultado foi un espectacular proxecto onde recrearon parte da arquitectura tradicional que arrodea ao rio Lameira
Medida da temperatura
Enviado por josean o Ven, 20/04/2018 - 12:35Mediante uns poucos bloques lóxicos e cunha placa, o sensor de medida de temperatura, os rapaces de 6º imos medir a temperatura ambente e máis a temperatura do café do mestre
Experiencias con robótica nas aulas
Enviado por xose o Mar, 03/04/2018 - 17:52ROBÓTICA NAS AULAS
Robótica na aula, blog de robótica do mestre de educación infantil Óscar Abilleira, do CEIP Pedro Antonio Cerviño. Múltiples experiencias de traballo co BEEBOT nun aula de educación infantil.
INVENTOS CON SENSORES E PLACA
Alarma de porta, titorial en Youtube
Titoriais en Youtube de retos con mblock.
Apadriña un robot
Enviado por josean o Dom, 04/03/2018 - 10:39Queremos que lle poñades nome aos nosos robots. Os vosos compañeiros do EEI O Grupo, xa o fixeron e os do EEI Virxe do Carme, tamén.
Manual de montaxe do Mbot
Enviado por josean o Ven, 02/03/2018 - 13:21Os nenos do Cep Sequelo montamos un robot (Mbot).
Eu así o fixen: o primeiro foi quitar a parte de arriba; despois os doús sensores, as baterías e as rodas grandes.
Fixate ben e non perdas nada, despois xa o podes controlar cunha aplicación chamada Mblock.
Visita Mbot a EEI O Grupo
Enviado por josean o Ven, 02/03/2018 - 10:33O día 16 de Febreiro, os alumnos de 6ºB do noso colexio, foron cos robots a ensinarlles aos nenos do EEI. O Grupo como funcionan.
Ensináronlle o segue líneas, e algúns nenos probaron a manexalos, despois de que os nosos alumnos explicaran todo, os nenos do Grupo ensináronos dous xogos co seu Bee-Bot. Logo fomos polas aulas a saludar as nosas antigas profesoras, aos nosos coñecidos...
Feito por: Noelia Veiga Prieto
Visita Mbot a EEI. Nosa Señora do Carme
Enviado por josean o Ven, 02/03/2018 - 10:19O día 24 de Febreiro os alumnos de 6ºB foron ao colexio Nosa Señora Do Carme.
Levamos os robots e un coche con motor eléctrico de lego. O primeiro que fixemos foi unha presentación do coche, feito por Martina, e logo outra sobre como montar os robots (Mbot), feita por Saioa.
A continuación deixamos manexar aos alumnos do colexio do Carme os Mbots.
Ao cabo dun rato, o director ensinounos o establecemento; as aulas, os patios para o recreo...
Feito por
Martina Pazos Iglesias
Saioa Iglesias Domínguez
Desmontamos e montamos o M-bot na casa
Enviado por Anónimo o Xov, 14/12/2017 - 10:45O primeiro que fixemos foi desmontar a parte inferior do robot, composta, polos motores enganchados por porcas, a batería, e os sensores detecta obxectos, unha vez xa desmontada a parte inferior, comenzamos coa superior composta por unha caixa de plástico transparente, onde van conectados os cables que fan que o M-bot funcione. Cando xa acabamos de desmontar todo o robot, do mesmo xeito volvímolo montar.
Ao seguinte día levámolo á clase e dixémoslle ao profesor que a roda de diante estaba mal montada cando nolo deixou.
Noelia V. - debuxo de Noelia I.
Proxecto Robótica
Enviado por josean o Xov, 02/11/2017 - 18:02Xa dende hai uns días están connosco os kits de montaxe dos Mbots, un dos cales nos presenta Martina. En nada a choiar con eles.