3º Primaria
Traballamos no horto
Enviado por Anónimo o Dom, 21/11/2021 - 19:55Xa está en marcha o horto escolar! O pasado venres o nenos e nenas de terceiro estivemos a traballar no horto escolar:
- Preparamos a terra abonándoa e aireándoa.
- Plantamos repolos.
- Regámolos.
- Estivemos vendo todo o que xa plantaran os nosos compañeiros doutros cursos.
Agora toca coidalo!!!
Celebramos o Samaín
Enviado por Anónimo o Dom, 21/11/2021 - 19:40Que medo daban os disfraces dos nenos e nenas de terceiro! Algúns estaban irrecoñecibles!!
Aquí os tedes ao lado dos seus terroríficos traballos do Samaín.
Material 3º EP curso 2021-22
Enviado por Anónimo o Lun, 06/09/2021 - 21:32Benvidos ao novo curso escolar! Aquí vos deixo a listaxe do material para o presente curso.
Un saúdo.
A titora: Mª del Carmen Martínez Arranz
MATERIAL DE 3º EP CURSO 2021-22
Aplicando a normativa sobre covid os nenos e nenas teñen que traer un pequeño kit (neceser) que conteña dúas máscaras (unha posta e outra de reposto), un xel hidroalcólico e un paquete de panos de papel.
Cada neno e nena debe traer a súa botella de auga co seu nome e todo o material debidamente etiquetado co seu nome.
LISTAXE DE MATERIAL:
- 4 libretas de dobre pauta ancha (4mm.) tamaño folio con grampas (non espiral)
- 1 libreta cuadriculada tamaño folio con espiral
- 2 lapis staedler Noris nº 2 HB
- 2 bolígrafos azul tipo bic
- 1 afilapis con depósito
- 2 gomas (Milán, nata ou similar)
- 1 pegamento stick pritt (mediano)
- 1 tesoira de punta redondeada
- 1 portafolios de plástico con broche
- 1 carpeta tamaño folio con gomas
- 1 regra de plástico duro ancha de 20 m.
- 1 semicírculo (transportador de ángulos)
- 1 estoxo non metálico de cremalleira
- 1 caixa de ceras duras (mínimo 12 cores)
- 1 caixa de rotuladores (mínimo 12 cores)
- 1 compás
- Axenda escolar
- Dicionarios de lingua galega e lingua castelá
MATERIAL PARA CLASE DE MÚSICA:
- carpeta tamaño folio
- libreta de pentagramas anchos
MATERIAL PARA CLASE SE INGLÉS:
- sobre de plástico tamaño folio con velcro
- 1 tubo de pegamento
- block de cartolinas de cores
- libreta con espiral tamaño folio de dobre pauta
MATERIAL PARA CLASE DE RELIXIÓN:
- 1 libreta de pauta ancha (4mm.) tamaño folio con grampas (non espiral)
NOTA: o material do curso pasado que esté en bo estado serve para este curso.
3º primaria. Curso 2020-21
Enviado por Menchi o Mar, 22/06/2021 - 11:31Rap de Xela Arias (3º primaria)
Enviado por Menchi o Mér, 12/05/2021 - 12:03Os nenos de terceiro estivemos coñecendo a biografía de Xela Arias; autora homenaxeada polas letras galegas, e cos datos máis importantes escribimos este rap. Esperamos que vos guste.
Chega a primavera á Horta Escolar
Enviado por Menchi o Lun, 08/03/2021 - 13:15No mes pasado os alumnos de terceiro comezamos a traballar na horta sementando guisantes e plantas nas xardineiras dos patios.
Tarta de castañas de Raúl Soage
Enviado por Menchi o Ven, 20/11/2020 - 11:33O Samaín en terceiro
Enviado por Menchi o Sáb, 31/10/2020 - 18:24Chega a noite máis terrorífica do ano e os nenos de terceiro andan contando historias de medo, non vos perdades o seu conto e o recopilatorio das súas fotos. Feliz Samaín!!!
LISTAXE DE MATERIAL 3º CURSO DE PRIMARIA
Enviado por Menchi o Mér, 09/09/2020 - 10:00Benvidos ao novo curso escolar, son a mestra Menchi a titora de 3º de primaria, vos deixo dous ficheiros adxuntos co material para este curso e o horario de clases. Un saudo.
Despedida 3º primaria
Enviado por Anónimo o Xov, 25/06/2020 - 10:35E de repente... chegamos ao final!! Un ano atípico para recordar e do que aprender. Aprender sobre todo a valorar o que temos ao noso arredor e coidalo!! Eu recordareivos a todas e todos! O 2020, levarame á clase de Sequelo de terceiro, a Marín!! Gracias por todo!! Disfrutade moito do verán!! Moitas apertas e mil bicos para todas e todos!!
TRABALLO OPCIONAL (17-06-2020)(3º)
Enviado por Anónimo o Mar, 16/06/2020 - 23:07Bos días!
Aí van uns pasatempos con encrucillados, sopas de letras e sudokus!!
Animádesvos? Pois veña!!
A divertirse!
E aproveitade o día!!
Unha aperta!
https://www.liveworksheets.com/mh627226cl
https://www.liveworksheets.com/oc702326jh
TRABALLO OPCIONAL (16-06-2020)(3º)
Enviado por Anónimo o Lun, 15/06/2020 - 23:27Bos días!
Para aqueles que vos animades, aquí tendes as tarefas opcionais para o martes!!
Recordade que hoxe non tendes clase de inglés!
Un saudo e bo día!!!
A polo marteeeesssssss!!!!
Vamos? Vamossss!!!
DERRADEIRA TAREFA 3º (ATA O MÉRCORES 17)
Enviado por Anónimo o Dom, 14/06/2020 - 22:33Ola outra vez!
Gustríame despedirme de vós con algo especial. Facemos un video de despedida? Que vos parece se cada un de vós graba un pequeno video onde vos despidades das vosas compañeiras e compañeiros e lles desexedes un feliz verán?? Animádesvos?
Enviádesme o video por privado e eu fago a montaxe. Vale?
Pois veñá!! O derradeiro esforzo para este curso!!
POR TODAS E PARA TODAS!!
POR TODOS E PARA TODOS
PARA TODOS VÓS!!
Bicos!
TRABALLO OPCIONAL (15-06-2020)(3º)
Enviado por Anónimo o Dom, 14/06/2020 - 22:16Bos días!
Moito traballastes estes días, semanas e meses! Xa gañastes, con creces, as vacacións e o remate do curso!
De todos modos, déixovos traballo opcional para o hoxe, por se queredes seguir traballando e non perder a rutina! Son interactivos, dos que vos gustan! Así que, moito ánimo!Se queredes facelos, xenial! E se non, tamén xenial!
Lembrade que mañá, martes, non tendes clase de inglés!
E se vos parece ben, o xoves, ás 11 da mañá, facemos unha videoconferencia con todas as profes que vos deron clase para despedirvos, de acordo? Xa volo irei recordando ao longo da semana!
Unha aperta moi, moi grande!!!
https://es.liveworksheets.com/as472114qv
https://es.liveworksheets.com/li46887bi
https://www.liveworksheets.com/up186293dc
https://www.liveworksheets.com/gn531687sg
https://www.liveworksheets.com/zu465741lq
VENRES... (12-06-20209)(3º)
Enviado por Anónimo o Xov, 11/06/2020 - 21:103!!!!!! 2!!!!!! 1!!!!!!!! ................. VENRES!!!!!!!
E chegou o día!! Non sei que pensar! Teño emocións e sentimentos enfrentados! Por un lado estou esgotado, coma vós, e polo outro, triste, decaído, abatido, melancólico, morriñento... morriñento de vós, de que isto remate e non ter a oportunidade de volver a vervos en condicións normais nin nun espacio tan familiar e lúdico como é o colexio, a aula, onde nos quedaron tantas e tantas cousas por ver, facer e aprender. Primeiro aprender de vós! Fundamental!! E logo aprender todos xuntos, buscando, investigando e trabucándonos! Que necesario é equivocarse!!
Sinto que o universo me roubou un tempo de estar con vós, de traballar xuntos, pero tamén que me regalou un período para coñecervos mellor, a vós e a vosa familia, na vosa intimidade, na miña intimidade! Por iso, a pesar de todo, doulle as gracias a ese "tempo roubado" porque o 2020 vai unido a Marín, ao cole de Sequelo e a vós! E ainda estamos en xuño! Na metade do ano! Quedan 6 meses por diante para que sexa un ano magnífico! As cousas que quedan por suceder!!! Todas boas!! Non pode ser doutra maneira!! Non vos parece???
Pois por ser o último dia de "deberes" vouvos dar a elexir entre as seguintes tarefas:
1º. - https://www.liveworksheets.com/sp784108xn
2º. - https://www.liveworksheets.com/qn812020dx
Agora van uns documentos adxuntos (Fíxoos Cris, unha compañeira do ano pasado) A ver se vos gusta!
Recordade que para a semana mando igualmente traballo pero queda nas vosas mans facelo ou non!
Mil apertas e bo fin de semana!!
MATEMÁTICAS (11-06-2020)(3º)
Enviado por Anónimo o Mér, 10/06/2020 - 17:17Ola!!!
Wow! Deixamos atrás o mércores e agora só quedan dous días!!!! Bravo!! Segue a conta atrás!!
2 (xoves) e 1 (venres)!!!!!
Para hoxe déixovos actividades de matemáticas interactivas! Lembrade de envialas, ao finalizar, ao correo electrónico terceirosequelo@gmail.com
Vamos???? Vamoooossssss!!!!
Que teñades un día mellor que o de onte! A polo xoves!!
Mil apertas!
https://www.liveworksheets.com/oi434949xh
https://www.liveworksheets.com/nq663354fc
MATEMÁTICAS (10-06-2020)(3º)
Enviado por Anónimo o Mar, 09/06/2020 - 20:47Bos días!!
Empeza a conta atraaaaaaás!!!! Só quedan tres días para rematar e deixar de facer (se queredes) os deberes!! 3 díaaaaaaaas!!!! 3 (mércores), 2 (xoves) e 1 (venres)!!!!!
Que!!!!! Comezamos polo mércores e nolo quitamos do medio?? Vamos? Vamoooos!
Que teñades un fantástico día!!!
Mil apertas!
LENGUA CASTELLANA (08-06-2020)(3º)
Enviado por Anónimo o Dom, 07/06/2020 - 22:11Bos días!
Que tal a fin de semena?
Xa sei que os días comezan a pesar e que cada vez é máis dificil prestar atención e realizar as tarefas, por iso, estou pensando en que esta semana sexa a derradeira que vos mande traballo. Así, a semana do 15 ao 19, poderedes poñervos ao día se é que tendes traballo pendente. Aos que non tendes nada atrasado, mandarei traballo igualmente pero será opcional e non mo teredes que enviar, de acordo?
Pois veña!!! Un último esforzo!! Debedes de estar orgullosas e orgullosos do traballo que estades realizando!!
Gracias e iunha aperta!!
LENGUA CASTELLANA (05-06-2020)(3º)
Enviado por Anónimo o Xov, 04/06/2020 - 21:43Bos dias!!
Venres!! Bravo!! Que rápido pasou!
Espero que disfrutedes da fin de semana en familia e teñades a oportunidade de abrazar e bicar a quen vós queirades!
Disfrutade da fin de semana! Lermbrade, é OBRIGATORIO!!!
Unha aperta enorme!
MATEMÁTICAS (04-06-2020)(3º)
Enviado por Anónimo o Mér, 03/06/2020 - 23:01Bos días!
Xa queda menos para a fin de semana!
Van uns exercicios sobre as horas!
Veña! Moito ánimo!!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »