2º Primaria
Benvida ao curso 2023/24.
Enviado por Miguel o Mér, 13/09/2023 - 23:00Ola. O alumnado de 2º de primaria fixo este vídeo para darvos a benvida a este novo curso que comenza. O curso do 50 aniversario do CEIP Sequelo.
Programación con Lego WeDo
Enviado por xose o Mar, 14/03/2023 - 20:08Hoxe o alumnado de 2º de primaria traballou en grupos de tres co kit de robótica de LEGO WeDo, construíndo un muíño de vento e programando o movemento das súas aspas. Para iso axudámonos coas tablets do cole, que tiñan instalada a aplicación WeDo 2.0 coas instrucións para a construción e as suxestións para a programación.
Plantamos e sacamos as herbas malas!
Enviado por Belen o Sáb, 04/03/2023 - 09:41Plantamos dentro do colexio, plantas ornamentais e na horta do colexio: cebolas, brócoli, coliflor e remolacha. Regamos, sacamos as malas herbas e recollemos a coliflor e o brócoli para comer. Tamén lle puxemos os paus ós guisantes, que xa están florecendo! Temos as patacas tapadas con papel de xornal para que broten e plantarémolas. As semillas das cabazas tamén están desexando que as sementemos.
Visita ao Lago de Castiñeiras.
Enviado por Miguel o Ven, 03/02/2023 - 00:00O venres 3 de febreiro o alumnado de 1º, 2º e 5º do CEIP Sequelo foi visitar o Lago de Castiñeiras e coa colaboración da Asociación Juan XXIII plantaron árbores. Ademais Gaspar Bernárdez, inxeñeiro de montes faloulles da vexetación e animais que alí podemos atopar. Foi unha mañán moi entretida onde aprendemos moito.
Visita á Biblioteca Municipal, ao Museo e ao Concello.
Enviado por Miguel o Mér, 30/11/2022 - 20:18Onte, 29 de novembro, o alumando de 1º e 2º de primaria visitaron a Biblioteca Municipal, o Museo Manuel Torres e o Concello. Unha actividade relacionada co coñecemento da contorna onde viven os rapaces. Os nosos agradecementos polo recebemento tan amable e cariñoso nos tres lugares onde estivemos.
Teatro " La aventura de aburrirse"
Enviado por Miguel o Mar, 22/11/2022 - 22:16Hoxe os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria disfrutaron, xunto cos profes dunha fantástica obra de teatro titulada "La aventura de aburrirse" en Afundación-Pontevedra.
Déixovos un resumo desta obra: Rita é unha nena, que a pesares de ter moitos xoguetes, sempre se aburre e non sabe xogar soa. Pero un día na casa da súa avoa, cun simple patiño de goma, empeza unha aventura que a levará a viaxar coa imaxinación ao mundo das cores, descubrindo personaxes sorprendentes…
E agora siempre quere ir a casa da avoa para aburrirse un ratiño.
Este espectáculo pretende motivar a creatividade dos nenos e nenas, así como reflexionar sobre a xestión do tempo e a cantidade de xoguetes e regalos que teñen na casa.
Tiracroios
Enviado por Ruth o Mér, 20/04/2022 - 20:52Simboloxía do lume.
Enviado por inesduran o Lun, 20/12/2021 - 21:15
Nas relixións da antigüidade
Para xudeos e cristiáns:
“E dixo Deus: «Haxa luz!» E houbo luz ” (Xénese 1,3).
A luz foi o primeiro don de Deus,
a súa primeira creación.
SIGNIFICADO DIVINO DO LUME
gran líder en Xudea,”
.
Chámanse cirios ou candeas de cera ás que se acenden nas cerimonias relixiosas.
Tal e como as coñecemos agora, comenzáronse a fabricar
ROBERTO SANTOS POL. CREMA DE CASTAÑAS E CHOCOLOATE
Enviado por Anónimo o Mér, 18/11/2020 - 22:39ROBERTO (2º) quixo compartir con nós a súa receita: Crema de castañas e chocolate. Visto o resultado final debe de estar riquísima.
En arquivo adxunto atopades a receita paso a paso, por se queredes intentalo.
HUGO E JOEL DALMAU. FLAN CON CASTAÑAS
Enviado por Anónimo o Lun, 16/11/2020 - 21:16Os irmás Dalmau Barcala(Hugo e Joel) quixeron amosarnos como se fai un auténtico flan caseiro a base de castañas. Debía de estar riquísimo! E que ben o pasaron! Grazas por compartilo!
Se queredes intentalo, tendes a receita en arquivos de imaxe adxuntos.
ÁLVARO VEIGA BALAGONES. GALLETAS CON FARIÑA DE CASTAÑAS.
Enviado por Anónimo o Dom, 15/11/2020 - 22:53ÁLVARO(2º) está feito todo un cociñeiro. Contando, ademais, coa gran axuda de súa irmá, a pinche Noa, seguro que as galletas saíron riquísimas. Grazas por compartir o vosos traballo.
Os cogomelos de Mael
Enviado por xose o Ven, 30/10/2020 - 13:34O pasado venres, Mael chegou ao colexio cunha cesta de cogomelos. Quería compartir con todos os seus compañeiros a súa afección polos fungos.
Seus pais iniciárono nela e agora encántalle saír ao monte os fin de semana para recollelos e despois poder degustalos.
Agora, grazas a Mael, os de 2º curso sabemos un pouco máis dos cogomelos. Por exemplo, sabemos que non debemos coller aqueles exemplares que non coñezamos. Isto é moi importante porque hainos comestibles e non comestibles. Ademais, amosounos distintos exemplares, como son o boletus edulis ou os cantarelos, entre outros.
LISTA DE MATERIAL DE 2º
Enviado por Anónimo o Mar, 08/09/2020 - 19:29No arquivo adxunto podes atopar a lista de material de 2º curso.
Música dende a casa (13): Eloy Aboal de 2º, interpreta ao clarinete a canción popular "Campanita del lugar"
Enviado por Anónimo o Ven, 03/04/2020 - 16:06Eloy de 2º curso interpreta para nós a coñecida canción popular "Campanitas del lugar", moitísimas grazas por compartir a túa interpretación.
Eloy aínda empezou este ano a tocar o clarinete, pero como vedes xa se vai defendendo moi ben.
Moito ánimo Eloy!!! Se te atreves con outra estaremos encantados de escoitarte.
Contos dende a casa (24): Inara de 2º curso "Cuentos bonitos para quedarse fritos"
Enviado por Anónimo o Ven, 27/03/2020 - 13:13Hoxe chegounos un conto de Inara de 2º curso que nos le "Cuentos bonitos para quedarse fritos".
Contos dende a casa (16): Sabela Casqueiro de 2º "O can e as lebres"
Enviado por Anónimo o Mar, 24/03/2020 - 19:14Chéganos outro conto, esta vez de Sabela de 2º curso, que nos le "O can e a lebre".
Contos desde a casa (3): Raúl Soage 2º curso "A cebra Camila"
Enviado por Anónimo o Mér, 18/03/2020 - 21:39Isto dos "Contos desde a casa" vaise animando, terceiro conto, esta vez Raúl Soage de 2º curso, "A cebra Camila".