Novas
Enfermidades raras: visibilización e apoio ás persoas que as sofren
Enviado por Belen o Xov, 05/10/2023 - 14:16A alameda Rosalía de Castro acollerá mañá venres día 6, pola tarde, unha xornada especial adicada á visibilización das enfermidades raras.
A partir das 16:30 horas comezará este evento cun taller de manualidades, pintacaras, globoflexia e photocall.
Ás 18:30 horas iniciaranse unhas charlas informativas con Patricia Fuentes (emocións), Tatiana Massó (osteopatía), Rosí Neira Dopazo (Logopedia e terapias) e Ángela Naveira pechará co tema de nutrición.
Ás 20:30 horas Bruno Hermida e Fabi Torres ofrecerán unha masterclass de zumba.
Animavos a tódalas familias a participar neste evento!
Ponte a Conducir
Enviado por Ruth o Xov, 05/10/2023 - 11:26
Achegamos a información aportada dende o Concello de Marín:
Ponte a Conducir terá lugar o día 7 de outubro no parque Eguren en Marín ás 10:00 horas, para que o teñan así para a difusión da actividade que considere oportuna.
O lema deste ano é o “Transporte seguro, curso feliz”, a oitava edición, da actividade de formación viaria para nenos que organizamos en colaboración con todos os socios da plataforma.
O obradoiro celebrarase na seguinte data:
· Marín: sábado 7 de outubro de 2023, ás 10.00 horas no circuíto de Educación Vial que se montará no Parque Eguren – Marín.
HORARIO: Todas as actividades comezan ás 10.00 horas. Prégase máxima puntualidade para facilitar os labores organizativos.
A inscrición pode facerse tanto presencialmente, na sede da FANPA, como a través do correo electrónico ponteaconducir@gmail.com, achegando os seguintes datos:
· Nome e apelidos do/a participante
· Curso escolar
· Centro educativo ao que pertence
· ANPA (se é socio)
· Nome do pai, nai ou titor/a responsable
· Teléfono de contacto
· Firmar o documento de toma de imaxes (pode descargarse da páxina da FANPA)
Tamén poderanse escribir presencialmente o día da actividade, sempre que haxa prazas dispoñibles.
TEMPOS E OBSERVACIÓNS: Os tempos a permanecer en cada aula/obradoiro, serán de aproximadamente 30 minutos. Dado que para o circuíto, a capacidade ideal é de 15 nenos, o resto do grupo permanecerá dentro do circuíto, atendendo as indicacións e ensinanzas da organización.
NORMAS DURANTE A ACTIVIDADE: Todos os participantes deberán estar acompañados dun adulto responsable que permanecerá na zona para as familias. Os participantes deberán seguir as normas que estableza a organización , tanto dentro do circuito como durante a actividade.
CONCURSO DE DEBUXO: Como en anos anteriores, celebraremos o concurso de debuxo sobre o lema do mesmo.
Días non lectivos
Enviado por Ruth o Mér, 04/10/2023 - 09:48A Xefatura Territorial declara non lectivos para o CEIP Sequelo- Marín os días 13/10/23 e 20/05/24 de acordo co calendario laboral.
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES- PREPARADOS/AS?
Enviado por Belen o Mar, 26/09/2023 - 08:42ESTIMADAS FAMILIAS:
AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES MAIS VOTADAS FORON TODAS!
COMEZAN O LUNS 2 DE OUTUBRO, DE 16:00 A 17:00 HORAS, NO PAVILLÓN DO SEQUELO.
RECORDAMOS:
LUNS: MULTIDEPORTE
MARTES: ATLETISMO
MERCORES: ACTIVIDADES AERÓBICAS CON FONDO MUSICAL
MÉRCORES: XADREZ
XOVES: DEPORTES DE RAQUETA
REUNIÓNS COAS FAMILIAS
Enviado por Belen o Mér, 06/09/2023 - 14:34- EDUCACIÓN INFANTIL MESTRA LAURA: XOVES 7/O9 ÁS 11:00 HORAS.
- EDUCACIÓN INFANTIL MESTRA ANDREA: MARTES 12/09 ÁS 17:00 HORAS.
- 1º CURSO EDUCACIÓN PRIMARIA: MARTES 19/09 ÁS 17:30 HORAS.
- 2º CURSO EDUCACIÓN PRIMARIA: MARTES 19/09 ÁS 16:00 HORAS.
- 3º CURSO EDUCACIÓN PRIMARIA: MARTES 26/09 ÁS 17:00 HORAS.
- 4º CURSO EDUCACIÓN PRIMARIA: MARTES 12/09 ÁS 16:00 HORAS.
- 5º CURSO EDUCACIÓN PRIMARIA: MARTES 19/09 ÁS 17:00 HORAS.
- 6º CURSO EDUCACIÓN PRIMARIA: MARTES 26/09 ÁS 16:00 HORAS.
Lista de material primaria
Enviado por Ruth o Mar, 05/09/2023 - 09:16Listaxe de material Educación Infantil- curso 2023-2024
Enviado por Belen o Lun, 26/06/2023 - 14:22A REUNIÓN COAS FAMILIAS SERÁ A SEMANA ANTES DO COMEZO DAS CLASES (AVISAREMOS TELEFÓNICAMENTE CON 2-3 DÍAS DE ANTELACIÓN)
LIBROS DE TEXTO CURSO 2023-2024
Enviado por Belen o Mar, 13/06/2023 - 12:02
LIBROS DE TEXTO 1º Educación PRIMARIA CEIP SEQUELO-MARÍN CURSO 2023-2024
|
|||
ÁREA |
TÍTULO |
EDITORIAL |
ISBN |
L. CASTELLANA |
Lengua 1 + Leo Bien Versión trimestral |
ANAYA |
978-84-143-1726-6 |
L. GALEGA
CIENCIAS SOCIAIS
CIENCIAS da NATUREZA
MÉTODO GLOBALIZADO OPERACIÓN MUNDO |
Imos con todo 1 Primeiro Trimestre + Escribo ben |
ANAYA
|
978-84-143-1741-9 |
Imos con todo 1 Segundo Trimestre
|
978-84-698-9867-3 |
||
Imos con todo 1 Terceiro Trimestre
|
978-84-698-9870-3 |
||
MATEMÁTICAS |
Matemáticas 1 Versión Trimestral
|
ANAYA |
978-84-698-9351-7 |
RELIXIÓN CATÓLICA
|
“BIBLIA INFANTIL” |
SUSAETA |
978-84-305-4305-2 |
LIBROS DE TEXTO 2º Educación PRIMARIA CEIP SEQUELO-MARÍN CURSO 2023-2024
|
|||
ÁREA
|
TÍTULO |
EDITORIAL |
ISBN |
L. CASTELLANA
|
Lengua 2. + Leo y comprendo Versión Trimestral
|
ANAYA |
978-84-143-1728-0 |
L. GALEGA
CIENCIAS SOCIAIS
CIENCIAS da NATUREZA
MÉTODO GLOBALIZADO OPERACIÓN MUNDO |
Imos con todo 2. Primeiro Trimestre + Leo e comprendo |
ANAYA
|
978-84-143-1742-6 |
Imos con todo 2. Segundo Trimestre |
978-84-698-9877-2 |
||
Imos con todo 2. Terceiro Trimestre |
978-84-698-9880-2 |
||
MATEMÁTICAS |
Matemáticas 2 (Incluye material manipulativo) Versión trimestral |
ANAYA |
978-84-698-9373-9 |
RELIXIÓN CATÓLICA
|
“BIBLIA INFANTIL”
* E a mesma ca do 1º curso |
SUSAETA |
978-84-305-4305-2 |
LIBROS DE TEXTO 3º Educación PRIMARIA CEIP SEQUELO-MARÍN CURSO 2023-2024
|
|||
ÁREA |
TÍTULO |
EDITORIAL |
ISBN |
L. CASTELLANA |
Lengua castellana y literatura. Revuela |
SM |
978-84-1392-483-0 |
L. GALEGA |
Lingua Galega e literatura. Revoa
|
|
978-84-9854-873-0 |
MATEMÁTICAS |
Matemáticas. Revuela |
SM |
978-84-1909-815-3 |
CIENCIAS da NATUREZA |
Ciencias da Natureza. Revoa |
SM Xerme |
978-84-9854-879-2 |
CIENCIAS SOCIAIS |
Ciencias Sociais. Revoa |
SM Xerme |
978-84-9854-878-5 |
LIBROS DE TEXTO 4º Educación PRIMARIA CEIP SEQUELO-MARÍN CURSO 2023-2024
|
|||
ÁREA
|
TÍTULO |
EDITORIAL |
ISBN |
L. CASTELLANA
|
Lengua castellana y literatura. 3 trimestres. Revuela |
SM |
978-84-9856-166-1 |
L. GALEGA |
Lingua galega e literatura. 3 trimestres. Revoa |
SM Xerme |
978-84-1910-149-5 |
MATEMÁTICAS |
Matemáticas. Operación mundo |
Anaya |
978-84-143-1980-2 |
CIENCIAS da NATUREZA |
Ciencias da Natureza. Operación mundo |
Anaya |
978-84-143-2096-9 |
CIENCIAS SOCIAIS |
Ciencias sociais. Operación mundo |
Anaya |
978-84-143-2122-5 |
LINGUA INGLESA |
“All about us now” |
Oxford |
978-0-19-407480-3 |
“All about us now” ESSENTIAL ACTIVITY Book pack |
Oxford |
978-0-19-407979-2 |
OS CURSOS DE 5º E 6º CONTINUARÁN CO PROXECTO E-DIXGAL (LIBROS ELECTRÓNICOS DO ENTORNO VIRTUAL DE APRENDIZAXE- EVA) NON HAI QUE MERCAR LIBROS DE TEXTO.
Calendario fondo libros, vales de libros e material
Enviado por Belen o Lun, 05/06/2023 - 13:25
MÉRCORES 5 DE XULLO |
LISTAXES PROVISIONAIS |
|
|
XOVES 6 E VENRES 7 DE XULLO |
RECLAMACIÓN ÁS LISTAXES PROVISIONAIS |
LUNS 10 E MARTES 11 DE XULLO |
RESOLUCIÓN DAS POSIBLES RECLAMACIÓNS |
VENRES 14 DE XULLO |
PUBLICACIÓN DA RESOLUCIÓN DEFINITIVA |
|
|
LUNS 4 AO VENRES 8 DE SETEMBRO (DE 9:30 A 13:30 HORAS) |
ENTREGA DOS VALES DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR |
LUNS 11 AO 29 DE SETEMBRO |
ENTREGA DOS LIBROS DO FONDO AO ALUMNADO |
10 días A PARTIR DE RECIBIR O VALE |
EMENDA DE ERROS DETECTADOS NOS VALES |
ATA O 10 DE ABRIL DE 2024 |
USO DOS VALES NAS LIBRERÍAS E DEMAIS ESTABLECEMENTOS |
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar
Enviado por Belen o Lun, 22/05/2023 - 09:53Estimadas familias:
Dende este luns 22 de maio ata o mércores 21 de xuño poden solicitar as axudas para libros de texto e material escolar de tres xeitos diferentes:
- Electrónica: na aplicación https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ e posteriormente presentar a solicitude en Sede Electrónica.
- Presencial con asistencia da aplicación: cubrindo os datos na aplicación https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ , imprimindo os Anexos I e II producidos e presentándoos no centro, en horario de 9:05 a 9:50 horas, de luns a venres. Para entregar noutro horario chamar previamente ao 886151325.
- Presencial manual: no noso centro.
Poden recoller a solicitude en horario de 9:00 a 14:00 horas e presentala no horario establecido no apartado anterior.
Aqueles nenos/as que pasen para a ESO presentarana no Instituto onde están admitidos.
Un saúdo, Ana Belén Mata Vidal (secretaria do CEIP Sequelo-Marín)
Solicitudes de admisión curso 2023-2024
Enviado por Belen o Mar, 25/04/2023 - 08:48Estimadas familias:
As solicitudes de admisión para este centro están todas admitidas. (Poden ver as listas no taboleiro da secretaría do centro)
O prazo para formalizar a matrícula é do 20 ao 30 de xuño adxuntando a seguinte documentación: formulario de matrícula, fotocopia do DNI dos proxenitores, do alumno/a, fotocopia da tarxeta sanitaria e 4 fotografías tipo DNI.
O horario para entregar dita documentación será de luns a venres de 9:00 a 9:50. Se precisan vir noutro horario chamen ao centro para concertar unha cita.
Poden recoller os formularios no centro ou cubrilos a través da web admisionalumnado.
Moitas grazas.
Xadrez no CEIP Sequelo
Enviado por xose o Mér, 15/03/2023 - 19:28Todas as tardes dos mércores xuntámonos para aprender a xogar ao fascinante xogo do xadrez na biblioteca do CEIP Sequelo. Esta actividade está organizada pola ANPA do colexio, e neste curso está sendo todo un éxito pola cantidade de alumnado que participa, desde 1º a 6º cursos de primaria.
Ánimo e a seguir xogando!!
Hoxe tocou simulacro de incendio
Enviado por Ruth o Xov, 02/03/2023 - 13:14
Hoxe tivemos un simulacro de incendio. Desta vez todos e todas sabiamos cando ía sonar a alarma porque se trataba dunha práctica.
Xuntámonos todos no punto de encontro, que é a pista de baloncesto. Fixémolo moi ben!!
Admisión do novo alumnado para o curso 2023/2024
Enviado por Belen o Ven, 24/02/2023 - 12:50ABERTO O PRAZO DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2023/24
SOLICITUDES E PRAZO DE PRESENTACIÓN:
-
O prazo para presentar a solicitude de admisión para o novo alumnado ábrese o día 1 de marzo e estenderase ata o 20 do mesmo mes.
-
As solicitudes poderánse presentar presencialmente no centro, en Sede Electrónica ou ben a través do seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
-
O impresos de solicitude pódense coller no colexio de 9:15 horas a 14:00 horas.
-
Tamén poden descargar a solicitude de admisión ED550B no enlace: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
-
Para calquera dúbida poden enviar un correo ao noso centro (ceip.sequelo.marin@edu.xunta.gal) ou chamar ao teléfono 886151325.
PRAZAS VACANTES CEIP SEQUELO-MARÍN
-
CURSO
PRAZAS VACANTES
INFANTIL
23
1º E. P.
11 (3 reservadas para alumnado NEAE)
2º E. P.
7
3º E. P.
10
4º E. P.
5
5º E. P.
3
6º E. P.
7
Normativa que regula o proceso de admisión:
-
Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
-
Orde do 21 de outubro de 2022, pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
Solicitudes de reserva de matrícula
Enviado por Belen o Xov, 16/02/2023 - 09:35Estimadas familias:
As reservas de matrícula que presentaron para este centro foron todas admitidas.
Mais adiante publicaremos as datas para a matrícula (xuño).
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
Enviado por Ruth o Dom, 29/01/2023 - 20:16Este martes estaremos agardando para podervos ensinar o noso centro. Animádevos!!
INFANTIL: Brincando no Sequelo
Enviado por josean o Mar, 24/01/2023 - 20:33Por mor de centralizar e que toda a Comunidade Educativa teña acceso ás marabillas que fan os nenos de Infantil, vencellamos o seu blogue, arriba á dereita. ANIMÁDEVOS A VISITALO!!