Animación á lectura

Un conto para Samaín

Coma tódolos contos tradicionais europeos, os contos tradicionais galegos non deixan de ser pequenas historias de terror, de bruxas, meigas, mouras, velliñas que saen do fondo da terra, como este  "Os dous corcobados" que conta Laura Arribas de 6º B

"De conto en conto"

Ola!

Hoxe deixamos este contiño pictografiado que Marta Paredes, que traballou no cole fai uns anos, personalizou para vos. Esperamos que vos guste!

 

Premios Ateneo Santa Cecilia

O pasado 20 de decembro entregáronse os premios do Ateneo Santa Cecilia nas distintas categorías. Obtivo o primeiro premio  no concurso de contos Iván Suárez Rey co conto "Thizos e a volta ao mundo" e o segundo premio Mateo Barcala Díaz co conto "Aventura de Nadal". Felicidades aos dous, sodes uns artistas¡¡¡

Chegamos a bo porto con Umberto

Umberto era un mariñeiro que pasaba o Nadal no barco, case non vira aos seus fillos crecer; no Nadal traballábase tódolos días e só se comía un pouco de turrón. Tamén traballaba no arrastre e díxonos: "imaxinádevos que sodes peixes e fixo como se nos tirara unha rede e como se nos pescara a todos xuntos".  O que máis nos impresionou foi que pescou un tiburón martelo.

Lucia Couso, Pedro, Miguel e Dani.

Guías de lecturas dos EDLG do Morrazo

Facendo clic na imaxe podes acceder ás recomendacións de lecturas en galego para E. Primaria.

A maxia do Nadal

O NADAL É MAXIA E ILUSIÓN Hoxe puidemos disfrutar da maxia grazas ao Mago Paco que, ademais, nos convidou a escribirlle a carta a Papá Noel.

A ver se o adiviñas. Reto en colaboración coa EEI O Grupo

Os alumnos de 1º decidimos mandarlle "un reto" aos nenos e nenas da EEI O GRUPO. Algúns de nós temos moi bos recordos dese cole. Pois ben, nós escollemos unha adiviña, mandámoslla por vídeo e eles teñen que adiviñala e enviarnos a nós a súa adiviña. Esta é a nosa. A ver se a acertas! CUCURRICO NON TEN OLLOS NIN CU NIN BICO, PERO OS FILLOS DE CUCURRICO TEÑEN OLLOS, CU E BICO.

Noel vai de vendima

  QUE XENIAL IDEA A DE APROVEITAR DIFERENTES FROITOS DE OUTONO PARA INVENTAR HISTORIAS. ASÍ PODEMOS PROBAR UN POUCO DE TODO E NON SÓ CASTAÑAS SENÓN TAMÉN NOCES, MAZÁNS, MANDARINAS OU UVAS.

    OS DE PRIMEIRO INVENTAMOS UN CONTO NO QUE O PROTAGONISTA É UN NENO, NOEL, QUE VAI DE VENDIMA, É DECIR, VAI Á VIÑA COLLER UVAS COS SEUS PAIS.

    AQUÍ VOS DEIXAMOS A PORTADA E O EMPEZO DO MESMO. A VER SE VOS GUSTA!!

Contos de medo

Os alumnos de 1º e 2º encetamos a xeira de CONTOS DE MEDO coa que nos achegamos ás datas do Samaín. A "teacher" Vanesa coutounos unha terrorífica historia.

Apadriñamentos lectores de sexto a terceiro

Os alumnos de sexto convertéronse en padriños lectores dos alumnos de terceiro. Eles escollen un libro para o seu afillado ou afillada e o len xuntos. Esta nova experiencia está a resultar moi motivadora para os nenos, que gozan xuntos da nosa biblioteca. A ler todos!

 

Lectura dos relatos gañadores do concurso "A viaxe de Birlo"

Os gañadores e gañadoras do concurso de relatos "A viaxe de Birlo" pasaron polas clases para ler os relatos aos seus compañeiros e compañeiras. Clicando sobre as iconas podedes velos e escoitalos.

Concurso "A viaxe de Birlo"

Debuxos e relatos gañadores do concurso "A viaxe de Birlo", no que o alumnado relatou como foi a "Volta de Birlo" ao CEP Sequelo, despois das súas andainas por todo o mundo recollendo libros para a nosa biblioteca.

"O río dos libros". Resumo dos libros adoptados

Despois de realizar a actividade "Adopta un libro" e construír o mural "O río dos libros", algúns alumnos animáronse a contarnos de que trataba o libro que adoptaron.

XV Certame de Narración Concello de Marín / IV Concurso Relato Curto Sta Cecilia

O día das Letras Galegas, no salón de actos do Museo Manuel Torres tivo lugar a entrega de premios do XV Certame de Narracións Escolares do Concello de Marín e do IV Concurso de Relato Curto "Marín Conta" do Ateneo Santa Cecilia. Música de gaita, lecturas e moitas historias que escoitar que alongaron un chisco de máis a mañá.  Ao final cantamos o Himno Galego.  Entre os gañadores dos dous premios houbo moito representantes do colexio:

 

Sofía Bernárdez Vilas

Noa Vázquez Feijoo

Óscar de la Torre Aboal

Saúl Mariño Recamán

Jorge Fernández Beloso & Álvaro Pereira Omil

Texto:  Álvaro Pereira Omil

Día do Libro 2017. Lapbooks "Descubrindo o noso rural"

Así quedaron os lapbooks "Descubrindo o noso rural" nos que o, como traballo para conmemorar O día do Libro 2017, e formando parte do PDI "Terra adentro"; o alumnado investigou sobre o rural. Deste xeito puidemos aprender desde as partes da casa, os cultivos, os animais, os instrumentos de labranza... ata diferentes temas da arquitectura galega como fontes, cruceiros, lavadoiros...
 

Celebrando o Día da Paz 2017

Despois de moitas actividades previas, levadas a cabo nas aulas que podedes ver colocadas nos corredores; así foi como conmemoramos este ano o Día da Paz, simulando cultivar os valores que nos levarán a acadar un mundo onde o froito sexa a PAZ.

Concurso de Tarxetas de Nadal 2015

Como todos os anos ao chegar estas datas celebramos o "Concurso de tarxetas de Nadal" este ano con tema mariñeiro en relación co Proxecto "Marín sabe a mar" que estamos desenrolando neste curso. Aquí podedes ver as tarxetas gañadoras e finalistas. Ben feito rapaces!!! e Bo Nadal a todos!!!
 

Fin de curso 2015. Festival fin de curso

Un pequeno resume do festival de fin de curso coas actividades que prepararon os nenos e nenas do colexio como despedida. Bo verán a todos. Vémonos no curso 2015-2016.

Concurso Tarxetas de Nadal 2014

Un ano máis celebramos o Concurso de Tarxetas de Nadal, aquí temos os gañadores.

  

OBRADOIRO DE EXPRESIÓN ESCRITA

No Obradoiro de Expresión Escrita estamos mesturando a obra gráfica de Leandro Lamas coa narrativa que a mesma nos suxire.  E como prefacio para o libro que estamos preparando surxe este inicio de poema colectivo  que recolleu así o autor e a quen lle temos que dar as grazas.

Distribuir contido

PDI 2024-2025: Galicia polo mundo

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2023-2024

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.