Plan Dixital
Mural Interactivo
Enviado por josean o Mér, 17/04/2024 - 20:28Aproveitando o material dos circuitos de papel dos Polos Creativos, as tarxetas Makey Makey dos e os cables de boca de cocodrilo do Digicraft e traballando co Scratux dentro do Plan Proxecta os alumnos de 5º elaboraron estes murais interactivos dentro da PDI do centro "Río Lameira, un río de Vida", que foron a presentar aos seus compañeiros de cursos inferiores. Este vídeo é unha mostra deste traballo e débese á inmensa paciencia do mestre Miguel Seoane.
Diego BookTuber
Enviado por josean o Mér, 17/04/2024 - 19:57Un Booktube especial: á cámara Raúl de 6º e diante dela o seu irmán Diego, un experto no mundo dos Booktube
Sequelo Booktubers II
Enviado por josean o Mér, 17/04/2024 - 19:53Moitos máis libros imprescindibles, segundo os booktubers máis famosos do noso colexio.
Issam:
Joel:
Leire:
María:
Martín:
Sequelo Booktubers I
Enviado por josean o Mér, 17/04/2024 - 19:06Prestade atención ás recomendacións literarias que vos deixan os mellores Booktubers do noso centro:
Ainhara 5º
Alonso 5º
Álvaro:
Ángel:
Darío:
Desireé:
CURSO CAPACITACIÓN DIXITAL PARA ADULTOS
Enviado por Ruth o Mar, 12/03/2024 - 13:59O IES Chan do Monte Organiza un curso de capacitación dixital para adultos. O curso é totalmente gratuíto. Podedes atopar a información aquí.
Aula Scratch de 5º
Enviado por josean o Xov, 15/02/2024 - 20:28A clase de 5º creoou un aula en Scratch para que sen necesidade de rexistro poidan subir os seus algoritmos de Scratch a un Estudo do que a propia aula está dotada.
Traballamos algoritmos
Enviado por josean o Mar, 05/12/2023 - 16:07Compute it é un xogo online con diferentes niveiss que van aumentando a dificultade gradualmente, nos cuales hai que deducir e aplicar os movementos que o algoritmo amosa.
A través del traballamos con instrucións de movemento, repetición, sentencias condicionais e funcións. LINGUAXE COMPUTACIONAL.
Entrevistas na beira II: "Entrevista ao río Lameira"
Enviado por josean o Xov, 16/11/2023 - 22:18Hoxe e sen mollarnos como ten por costume, achegouse polo noso cole o Sr. Río Lameira e contoulles cousas moi interesantes da súa vida, aos curiosos reporteiros de 5º.
O traballo da escaleta está inspirado nunha historia de Gianni Rodari, "Brif, bruf, braf", do libro Contos por teléfono que os nenos están lendo.
Que cousa, cousiña é?
Enviado por josean o Lun, 13/11/2023 - 22:07A partir de tres adiviñas tradicionais, os nenos de 5º foron aprendendo no taller de Adiviñas a crear a partir de estructuras diversas, as súas novas adiviñas ao redor da castaña, o ourizo, o castiñeiro...o Magosto.
Entrevistas na beira
Enviado por josean o Lun, 06/11/2023 - 11:39Neste primeiro "Entrevistas na Beira"... do río Lameira os nenos de 5º entrevistan para a Radio Sequelo á nova presidenta da ANPA Aidón que lles conta cousas moi interesantes.
Os Trasnos
Enviado por josean o Dom, 05/11/2023 - 22:06A partir dunha canción de Pablo Díaz, aprendimos un chisquiño doutra personaxe mitolóxica galega, pero que está espallada por toda a xeografía peninsular: trasno, trasgu, trasgo, strago... Vive na cova do bosque, feo, forte e peludo...
Que sabemos do Gatipedro?
Enviado por josean o Dom, 05/11/2023 - 21:42O Gatipedro é un ser mitóloxico moi peculiar, é un gato, pero é algo máis, ven polas noites ás casas, e non lle gusta o sal. Isto é máis cousas é o que nos contan os rapaces de 5º.
Medo na Noite (II)
Enviado por josean o Xov, 02/11/2023 - 22:54A lenda dun cabalo branco infernal que axuda aos camiñantes a cruzar un río, aparece espallada por toda Galicia. Esta que contan os nosos alumnos sucedeu no río Limia hai disque que unha chea de anos, cando aínda os animais falaban...
Medo na Noite (I)
Enviado por josean o Xov, 02/11/2023 - 21:42"Medo na Noite" é unha serie de programas que os nenos de 5º e 6º dedicaron ás lendas que arredor dos ríos poboan a mitoloxía galega. O primeiro desta serie nárranos de como se orixinou o rei dos ríos galegos, o Miño.
Papiroflexia con Luis Freire: A pinga
Enviado por josean o Dom, 25/06/2023 - 23:07Aquí remata a serie de episodios de Papiroflexia presentada por Luis Freire de 6º, con esta elaboración dunha pinga de auga, pertencente ao traballo sobre a auga que levou a cabo a súa aula dentro da PDI "Protexo o meu planeta..."
III Festival de curtametraxes Aii Mo. S. A.
Enviado por josean o Dom, 11/06/2023 - 16:17Xunto co Ceip Reibón Moaña, o IES María Soliño de Cangas, o IES JOHAN CARBALLEIRA de Bueu, o IES Plurilingüe A Paralaia e o IES As Barxas de Moaña participamos o sábado día 12 na festa do audiovisual dos centros educativos do Morrazo onde os alumnos expoñen o seu talento e as súas creacións ao longo do ano.
Papiroflexia by Luis Freire: Pingas
Enviado por josean o Sáb, 10/06/2023 - 16:56Desta vez Luis Freire non elaborou ningún dos seus habituais titoriais de Origami. En vivo e en directo, dirixiu aos seus compañeiros para, e dentro do proxecto, no que participa todo o centro elaborar pingas de auga, das que estas 3 son bo exemplo.
O titorial non tardara en chegar en video.
A orla de 6º
Enviado por josean o Sáb, 10/06/2023 - 16:26Co material que nos chegou de Polos Creativos (Cámara e Focos), o pulso do fotógrafo e mailo software online Canva, comezaron os de 6º a realizar a súa propia orla. Ben doado, tanto, que ata un neno de 2 anos sería quen de facelo. Como non os temos no colexio, botamos man dun dos de 6º.
Que é que, no muíño do Señor José
Enviado por josean o Mér, 07/06/2023 - 21:12Está semana e dentro do Proxecto no que o centro está traballando, os de 6º non podían menos que coñecer e ben a fondo, o muíño do noso veciño José, que está a rentes do colexio. Os muíños de auga son calqueira cousa menos máquinas simples, máquinas que moitos deles hoxe están en desuso, pero o noso veciño tivo a amabilidade de abrírnolo para amosarnos como moía e abrirnos o INFERNO onde puidemos ver.
QUE COUSA DANDO VOLTAS?
Contestade nos comentarios
Axiña unha exposición máis detallada da nosa interesante visita
Papiroflexia con Luís Freire: "A rá"
Enviado por josean o Mér, 07/06/2023 - 21:03Outro capítulo máis das habilidades de Luís Freire para o Origami; desta vez algo un pouquichiño máis complicado, a rä.