Letras Galegas
Poemas dende a casa (22): Dramatizando a Carballo Calero por Yago Núñez de 6ºB
Enviado por Anónimo o Mér, 13/05/2020 - 19:46Yago Núñez de 6ºB animouse a recitar este poema de Carballo Calero titulado "O trevo das catro follas". Moitas grazas pola túa participación.
"A caricatura de Ricardo" 2
Enviado por Anónimo o Dom, 10/05/2020 - 22:40"A caricatura de Ricardo"
Enviado por Anónimo o Ven, 08/05/2020 - 13:49Como xa saberedes o 17 de maio “Día das Letras Galegas” está a piques de chegar. Este ano adicámosllo a Ricardo Carballo Calero que sobresaíu como historiador da literatura, crítico literario, filólogo, escritor, e dedicou a súa vida a dignificar o idioma e a cultura galegas.
Unha das súas obras máis divertidas destinada ós mais cativos é “As pitas baixo a choiva” que conta unha experiencia vivida cando era neno.
Podedes investigar algo máis sobre a vida e obra do autor si pinchades nesta ligazón: https://www.edu.xunta.gal/centros/cepsequelomarin/?q=node/1937
Dende o CEP Sequelo queremos propoñervos que fagades unha caricatura do autor.
Unha caricatura é un retrato no que, con intención crítica ou humorística, se deforman en exceso os rasgos característicos dunha persoa.
Aquí vos deixamos unha das fotos máis míticas do autor, atrevédesvos a caricaturizalo?
Enviade as vosas creacións á dirección de correo electrónico sequelonacasa@gmail.com
“Dramatizando a Ricardo Carballo Calero”
Enviado por Anónimo o Ven, 08/05/2020 - 13:44Dende a sección poemas dende a casa convidámosvos a que nos recitedes algún poema de Ricardo Carballo Calero. Votádelle imaxinación, podedes buscar toda clase de complementos e escenarios que nos axuden a comprender a súa obra.
Aquí vos deixamos algúns dos poemas mais famosos do autor:
Os vídeos deben durar menos de un minuto, é importante que respectedes o tempo.
"AS PITAS BAIXO A CHOIVA" Versión 1º
Enviado por Anónimo o Ven, 08/05/2020 - 01:33Os alumnos de 1º leron As pitas baixo a choiva, de R. Carballo Calero e fixeron a súa versión da súa páxina favorita. Aquí vemos os traballos de Alba, Joel e Noelia. Tamén o de Álvaro en arquivo adxunto.
Letras Galegas (1): Ignotus de Algarabía Animación
Enviado por josean o Ven, 01/05/2020 - 09:19Moito lles temos que agradecer aos de Algarabia Animación que nos mandasen estas curtas de animación que todas elas englobaron polo día das Letras Galegas de hai uns anos a serie coñecida como "A lingua animada"
Nesta caso a figura central é Rosalia de Castro
Ademais das curtas de tres delas enviáronnos tamén 3 unidades didácticas para todos aqueles de vos que vos queirades introducir no mundo do cine e das curtas de animación stop Motion con plastilina, onde Algarabía Animación son uns verdadeiros artistas.