EXPOCIRCUITOS
Como todolos anos chega ao colexio ese encontro familiar que bota chispas (e non e coña, que llo digan a algún helicóptero que ardeu) ao redor da construcción de máquinas baseadas en circuitos eléctricos. Hainos de todolos tipos e de todalas complexidades. Como sempre nos gusta innovar un chisco; á espera de maiores innovacións que xa temos previstas cara ao ano. Este ano ademáis da típica exposición de artefactos e a explicación dos mesmos por parte dos Da Vinci de turno, hai para quen queira visitar a expo (que xa daremos cita) a posibilidade de obter información extra cos códigos QR que crearon os nenos co UNITAG. Para que logo digan que o galego está reñido coa tecnoloxía. O galego non está reñido con nada, agás quizáis cos propios galegos
Enviar un comentario novo